Cortes Xerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cortes españolas")
BOC (pdf).

As Cortes Xerais son un órgano constitucional do Estado Español constituído e regulado segundo o título terceiro da Constitución Española de 1978. A Constitución establece que as Cortes Xerais son as representantes do pobo español e están conformadas por dúas cámaras: o Senado e o Congreso dos Deputados. É dicir, o poder lexislativo ten unha composición bicameral

Como representantes do pobo español exercen os aspectos esenciais da soberanía nacional: posúen a potestade lexislativa, aproban os orzamentos xerais do estado, controlan a acción do Goberno e exercen o resto das funcións que lles atribúe a Constitución.