Jean-Jacques Beineix
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Jacques Beineix, nado o 8 de outubro de 1946 en París, é un director, guionista e produtor francés de cinema.
Traxectoria [editar]
En 1964, Jean-Jacques Beineix debuta como asistente realizador de Jean Becker na serie televisiva Les saintes chéries até 1967. Máis tarde, en 1970 con Claude Berri, e en 1971 con Claude Zid. En 1977 realiza a súa primeira curtametraxe «Le Chien de M. Michel» que gañou o premio do festival de Trouville. En 1980, Jean-Jacques Beineix realiza a súa primeira longametraxe titulada Diva, que gañou catro premios César. Moi premiada tamén foi o seu filme 37°2 le matin, con Béatrice Dalle e Jean-Hugues Anglade, filme que foi nomeado ao mellor de fala non inglesa nos Oscars.
Filmografía [editar]
- 1977 - Le Chien de M. Michel
- 1980 - Diva con Wilhelmenia Wiggins Fernández, Frédéric Andrei
- 1983 - La Lune dans le caniveau con Gérard Depardieu, Nastassja Kinski
- 1985 - 37°2 le matin con Jean-Hugues Anglade, Béatrice Dalle
- 1989 - Roselyne et les Lions con Isabelle Pasco, Philippe Clévenot
- 1991 - IP5 (L'Ile aux pachydermes) con Yves Montand, Olivier Martínez
- 2000 - Mortel transfert con Jean-Hugues Anglade, Hélène De Fougerolles
