Gottfried Wilhelm Leibniz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Gottfried Wilhelm Leibniz
Gottfried Wilhelm von Leibniz.jpg
Gottfried Wilhelm Leibniz
Datos persoais
Nacemento 1 de xullo de 1646
Lugar Leipzig,
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento 23 de febreiro de 1855 (70 anos)
Lugar Hannóver,
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Filosofía, Matemáticas e Política.
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Regra do produto
Cálculo Integral.
Influído por Biblia
Platón
Aristóteles
Plotino
Agostiño de Hipona
Escolástica
Tomé de Aquino
Nicolás de Cusa
Francisco Suárez
Giordano Bruno
René Descartes
Thomas Hobbes
Giovanni Pico della Mirandola
Jakob Thomasius
Pierre Gassendi
Nicolas Malebranche
Baruch de Spinoza
Jacques-Bénigne Bossuet
Blaise Pascal
Christiaan Huygens
Jakob Bernoulli
Erhard Weigel
Gabriel Wagner
Nicolas Steno
Ramon Llull
Confucio
Influíu en Christian Wolff
Tetens
Maupertuis
Giambattista Vico
Ernst Platner
Boscovich
Charles Bonnet
Denis Diderot
David Hume
Edmund Husserl
Immanuel Kant
Gabriel Wagner
Bonald
Bertrand Russell
Holmes
Bernardino Varisco
Gregory Chaitin
Kurt Gödel
Martin Heidegger
Lyndon LaRouche
Émilie du Châtelet
Frobenius
Friedrich Nietzsche
Félix Ravaisson-Mollien
Henri Bergson
Nicholas Rescher
Gilles Deleuze
Gabriel Tarde
Theodor W. Adorno.
Premios

Leibnitz signature.svg

Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannóver o 14 de novembro de 1716, foi un filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán. Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do Cálculo Integral e da Regra do produto.

Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concerne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Leibniz era fillo dun profesor universitario de filosofía moral e pertencía a unha familia que servira ao goberno saxón durante tres xeracións, seu pai morreu cando Leibniz contaba con seis anos. Comezou a dar mostras da súa precocidade moi pronto, sendo capaz de compor poemas en latín con tan só oito anos, con doce comezou a introducirse na lóxica aristotélica a través da filosofía escolástica.

Formación[editar | editar a fonte]

En 1661, aos 15 anos, ingresou na Universidade de Leipzig como estudante de Dereito, institución na que aos 17 anos obtivo o doutoramento polo seu ensaio preenunciando unha das máis importantes doutrinas da súa posterior filosofía. Porén este título serialle retirado alegandose a súa xuventude. En 1963 trasladouse á Universidade de Jena, onde estudou matemáticas con E. Weigel. En 1666 obtivo en Altdorf o título que se lle negara en Leipzig. Pese a este recoñecemento rechazaría o ofrecemento dunha cátedra e en 1667 entrou ao servizo do arcebispo elector de Maguncia coma diplomático.

Neste cargo diplomático foi enviado a París para disuadir a Luís XIV da súa empresa de invadir o Sacro Imperio Romano Xermánico, pese a fracasar na súa misión permaneceu en París cinco anos.

Labor científica[editar | editar a fonte]

Na capital francesa desenvolveu unha ampla labor intelectual, na que destaca a invención da súa máquina de calcular capaz de realizar operacións de multiplicación, división e extracción de raices cadradas, así coma a elaboración das bases do cálculo infinitesimal, este modelo superou ao que fora creado por Pascal. Presentou este invento en encontros da Royal Society en Londres, sendo elexido membro estranxeiro da Sociedade antes da súa volta a París en [1673]].

En 1676 foi nomeado bibliotecario do Duque de Hannover, de quen tamén sería conselleiro e historiador da casa ducal. Trala morte da duquesa Sofía Carlota en 1705, ca que entablara unha gran amizade, o seu papel coma conselleiro foi decaendo adicando os seus últimos anos á súa tarefa de historiador e á redacción das súas obras filosóficas máis importantes, que se publicaron postumamente.

O seu legado[editar | editar a fonte]

En 1676, xa tiña desenvolvidas algunhas fórmulas elementais do cálculo, e tiña descuberto o teorema fundamental do cálculo que só foi publicado o 11 de xullo de 1677, once anos despois da descuberta non publicada de Newton. No período entre 1677 e 1704, o cálculo Leibniziano foi desenvolvido como instrumento de forza real, e doada aplicabilidade no Continente, mentres en Inglaterra, debido á desgana de Newton en dividir as súas descubertas matemáticas, o cálculo continuaba unha curiosidade relativamente non procurada.

Durante toda a súa vida, paralelamente á matemática, Leibniz traballou para aristócratas, buscando nas súas xenealoxías probas legais do seu dereito ao título, tendo pasado os seus últimos corenta anos, traballando exclusivamente para a familia Brunswick chegando a confirmar aos seus empregadores, o dereito a metade de todos os tronos da Europa. As súas pesquisas levárono a través de Alemaña, Austria e Italia de 1687 a 1690. En 1700, Leibniz organizou a Academia de Ciencias de Berlín da cal foi o primeiro presidente. Esta Academia permaneceu como unha das tres ou catro principais do Mundo, ata que os Nazis a eliminaron. Morreu solitario e esquecido, tendo sido acompañado, á súa última morada, polo seu secretario, única testemuña dos seus últimos días.

Polémica sobre o Cálculo diferencial[editar | editar a fonte]

Entre as moitas achegas que fixo ás matemáticas destaca o Cálculo Diferencial, que foi descuberto por Leibniz e Isaac Newton de xeito independente. Isto provocou unha longa controversia entre os matemáticos ingleses e os do continente pola autoría deste descubrimento, que levaría ó illamento dos matemáticos británicos durante dous séculos (que seguían a usar a complexa notación usada por Newton) o que lles produciu un notable atraso neste campo. Mentres, os europeos usaron a notación de Leibniz, moito máis sinxela e práctica e que é a que se segue a usar hoxe en día.

Isaac Newton chamaba « fluxion » á notación diferencial \partial{x}\ , do simbolo \int_{t=x_0}^{x}f(t).\partial{t} para a integración matemática da función.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gottfried Wilhelm Leibniz
Galifontes
A Galifontes ten escritos orixinais de: Gottfried Wilhelm Leibniz
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Gottfried Wilhelm Leibniz

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]