Dizzy Gillespie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dizzy Gillespie
Dizzy Gillespie 1955.jpg
Dizzy Gillespie en 1955.
Nome completo John Birks Gillespie
Naceu 21 de outubro de 1917
Orixe Cheraw, Carolina do Sur
Morreu 6 de xaneiro de 1993 en Englewood, New Jersey
Ocupación (s) músico, cantante e compositor
Xénero jazz, bebop
Instrumento(s) trompeta
Tempo en activo 1935 - 1993
Dizzy Gillespie en 1955
Dizzy Gillespie en 1955

John Birks Gillespie, coñecido como Dizzy Gillespie, nado en Cheraw, Carolina do Sur, o 21 de outubro de 1917 e finado en Englewood, New Jersey, o 6 de xaneiro de 1993, foi un trompetista, cantante e compositor estadounidense de jazz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos como instrumentista traballou coas grandes bandas de Cab Calloway e Earl Fatha Hines, mentres que en 1945 colaborou co saxofonista Charlie Parker, con quen gravou algunhas dos máis revolucionarios temas da historia do jazz. Coñecéronse en Kansas City, nunha habitación de hotel e non puideron deixar de tocar, como dixo Dizzy sobre ese encontro: "tiñamos ideas xemelgas e era difícil distinguir o que proviña de min do que viña del". Dese encontro nacía o bebop (onomatopeya do ruído que facía a cabeza dun negro cando era golpeada pola porra dun policía branco), con recordados espectáculos no bar Minton's.

Parker e Dizzy[editar | editar a fonte]

As carreiras de Parker e Dizzy, seguiron camiños separados: mentres o primeiro era inigualable en pequenas formacións, Gillespie ofrecía o mellor de si fronte a grandes formacións. Mentres Parker sufriu o a marxinación e o esquecemento, Gillespie se convertiu nunha das figuras mais coñecidas do jazz. A súa fama acrecentouse coa súa forte personalidade e os seus espectáculos persoais entre os que se destaca a súa habilidade para o scat, os instrumentos de percusión centro americanos e as súas aparicións públicas entre as que se destaca a súa postulación á presidencia dos Estados Unidos en 1964

Gillespie, con Charlie Parker, foi unha das figuras máis relevantes no desenvolvemento do bebop, jazz latino e do jazz moderno. Foi durante toda a súa vida un incansable experimentador de música afroamericana, o que lle levou a experimentar co jazz latino, colaborando con percusionista como Chano Pozo, o calipso, a bossa nova ou a colaborar con músicos externos ao mundo do jazz como Stevie Wonder.

Por outra banda, foi uns dos principais responsables creadores do chamado jazz afro-cubano xunto a Machito, Chano Pozo entre outros, polo que excedeu as fronteiras estadounidenses e internouse na música mundial rapidamente.

Discografía Básica[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dizzy Gillespie