Niels Bohr

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Niels Bohr

Niels (Henrik David) Bohr, nado o 7 de outubro de 1885 e finado o 18 de novembro de 1962, foi un científico dinamarqués que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica.

[editar] Traxectoria

Seu pai, Christian Bohr, devoto Luterán, era profesor de fisioloxía na Universidade de Copenhaguen, mentres a súa nai, Ellen Adler Bohr, proviña dunha rica familia de orixe xudía destacada na banca e nos círculos parlamentarios. O seu irmán Harald Bohr, era un matemático e xogador olímpico de fútbol no equipo nacional dinamarqués. Niels Bohr tamén era un apaixoado xogador de fútbol, chegando a xogar os dous irmáns numerosos partidos no Akademisk Boldklub.

[editar] Contribucións máis notorias

Niels Bohr recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo en 1922.

Ferramentas persoais