Charles Messier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Messier.

Charles Messier, nado en Badonviller (Meurthe-et-Moselle) o 26 de xuño de 1730 e finado en París o 12 de abril de 1817, foi un astrónomo francés coñecido por ser o creador do catálogo de 110 obxectos do espazo profundo (nebulosas, galaxias e cúmulos de estrelas) (os obxectos Messier) que levan o seu nome. Este catálogo publicouse por primeira vez en 1774. Os obxectos Messier numéranse do M1 ao M110, e aínda hoxe en día os aficionados os coñecen por ese nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Messier traballara moitos anos como asistente no Observatorio Mariño, instalado no Hôtel de Cluny, en pleno París, desde onde realizou todos os seus descubrimentos. Ao parecer, Messier, grande afeccionado á caza de cometas, inaugurou o seu catálogo con M1 (a Nebulosa do Cangrexo) a noite do 28 de agosto de 1758, cando buscaba no ceo o cometa 1P/Halley na súa primeira visita predita polo astrónomo inglés.

Messier non descubriu todos os obxectos do seu catálogo xa que moitos foron observados polo tamén francés Pierre Méchain e, anos antes, por outros astrónomos como Edmond Halley. O primeiro verdadeiro descubrimento de Messier foi o Cúmulo globular M3 en Canes Venaciti en 1764. Curiosamente Messier é máis famoso polo seu catalogo de non-cometas que polos cometas que descubriu. O interese de Messier de catalogar aqueles obxectos fixos tiña como fin distinguir os errantes, o que lle facilitaría a tarefa de buscar cometas. Grazas á publicación do seu catálogo, William Herschel viuse estimulado para iniciar (1783) un ambicioso proxecto que, ao longo de 20 anos de investigación, lle permitiu catalogar un gran número de nebulosas e cúmulos no hemisferio norte,

O cráter Messier da Lúa e o asteroide 7359 Messier foron bautizados na súa honra.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Charles Messier