Ramiro Fonte
Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume en 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna en 1981.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
[editar] Obra
[editar] Poesía
- As cidades da nada, 1983, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Designium, 1984, Xerais.
- Pensar na tempestade, 1986, Xerais.
- Pasa un segredo, 1988, Xerais. Publicado en castelán no 1991 por Libertarias.
- Escolma poética, 1990, Deputación de Granada, en edición bilingüe galego-castelán.
- Adeus norte, 1991, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Publicado en castelán no 1992 por Editorial Renacimiento.
- As lúas suburbanas, 1991.
- Luz do mediodía, 1995, Espiral Maior. Publicado en castelán no 1997 por Editorial Renacimiento.
- Persoas de amor, 1995.
- O cazador de libros, 1997.
- Mínima moralidade, 1998, Deputación da Coruña.
- Capitán Inverno, 1999, Xerais. Publicado en castelán no 2002 por Editorial Pre-Textos.
- A rocha dos proscritos, 2001, Xerais. 2ª edición ampliada en 2005 con O pasaxeiro inmóbil.
- Reversos, 2008, Xerais.
[editar] Narrativa
- Catro novelas sentimentais, 1988, Xerais.
- Aves de paso, 1990, Xerais.
- As regras do xogo, 1990.
- Os leopardos da lúa, 1993, Galaxia.
- Soños eternos, 1994, Nigra.
- Os meus ollos, 2003, Xerais.
- Os ollos da ponte, 2004, Xerais.
- As pontes no ceo, 2007, Xerais.
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Xardín do pasatempo, 2008, Tambre. Poesía
[editar] Ensaio
- Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria, 1992, Xerais.
- As bandeiras do corsario, 1996, Nigra.
[editar] En antoloxías e obras colectivas
- Cravo fondo, 1977, Follas Novas.
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Unha fotobiografía, 1989, Xerais.
- "Iluminacións danubianas" en Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- "Razóns para matar a Martíns" en O relato breve. Escolma dunha década, 1990, Galaxia.
- Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Ámbito dos pasos, 1997.
- Galician generation of the eighties: three poets, 1999, Universidade da Coruña.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
[editar] Premios
- Premio da Crítica de Galicia no 1985, por Designium.
- Premio Losada Diéguez de creación no 1985, por Designium.
- Premio Pedrón de Ouro no 1986, por O retornado.
- Premio da Crítica española no 1988, por Pasa un segredo.
- Premio Esquío no 1990, por Adeus norte.
- Premio Miguel González Garcés no 1997, por Mínima moralidade.
- Premio Losada Diéguez de creación no 2004, por Os meus ollos.
[editar] Poemas musicados
O guitarrista e compositor Víctor Aneiros musicaliza o poema Na barra, no seu álbum “Heroe Secreto” 2008.
No seu álbum "Brétemas da Memoria" 2010, musicaliza 7 poemas de Ramiro Fonte: Vida bohemia, Sombras de Compostela, Autor de westerns, Máis alá, Un tute á morte, Cabina telefónica (Lupanar de cristal) y Rita Hayworth (Sirenas da policía).