Oitomil
Coñécese co nome de oitomiles os 14 cumios máis altos da Terra, pois teñen máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atópanse todas elas nas cordilleiras do Himalaia e do Karakoram, en Asia.
Na lista só se consideran aqueles cumes que teñen unha preeminencia topográfica de 200 a 500 metros, o que serve para descartar subcumios e cumios intermedios. Algúns destes cumios intermedios, como o cumio intermedio do Lhotse tamén teñen a súa particular historia de escaladas, rotas e deportistas.
Velaí a lista de montañas que superan os 8.000 metros:
| Orde | Nome | Altura (m) | Cordilleira | País | Primeiro ascenso |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Everest | 8.848 | Himalaia Mahalangur | 1953 | |
| 2 | K2 | 8.611 | Karakoram Baltoro | 1954 | |
| 3 | Cancheniunga | 8.586 | Himalaia Cancheniunga | 1955 | |
| 4 | Lhotse | 8.516 | Himalaia Mahalangur | 1956 | |
| 5 | Macalu | 8.485 | Himalaia Mahalangur | 1955 | |
| 6 | Cho Oiu | 8.188 | Himalaia Mahalangur | 1954 | |
| 7 | Daulaguiri | 8.167 | Himalaia Daulaguiri | 1960 | |
| 8 | Manaslu | 8.163 | Himalaia Manaslu | 1956 | |
| 9 | Nanga Parbat | 8.125 | Himalaia Nanga Parbat | 1953 | |
| 10 | Annapurna 1 | 8.091 | Himalaia Annapurna | 1950 | |
| 11 | Gasherbrum 1 | 8.080 | Karakoram Baltoro | 1958 | |
| 12 | K3 | 8.051 | Karakoram Baltoro | 1957 | |
| 13 | Gasherbrum 2 | 8.034 | Karakoram Baltoro | 1956 | |
| 14 | Xixapangma | 8.027 | Langtang Himalaia | 1964 |
Alpinistas que completaron os oitomils [editar]
A primeira persoa en escalar todas as catorce montañas con mais de 8000 m foi o italiano Reinhold Messner, que completou a fazaña o 16 de outubro de 1986. Un ano máis tarde, en 1987, o polaco Jerzy Kukuczka foi o segundo home en facelo. En maio de 2010 a guipuscoana Edurne Pasaban converteuse na 23ª persoa en acadalo, sendo a segunda muller en logralo despois de que un mes antes o fixese Oh, Eun-Sun.
Notas [editar]
- ↑ Noticia da consecución do "oitomil" número 14 para Andrew Lock
- ↑ http://explorersweb.com/everest_k2/news.php?id=19261 Annapurna summit push watch: SUMMITS! (Explorersweb)
- ↑ Información sobre o logro de Pustelnik en ExWeb
- ↑ A ascensión ó Kangchenjunga de Oh, Eun-Sun en 2009 está baixo discusión.
- ↑ Oh, Eun-Sun, primeira muller en conquistar os 14 "oitomiles" en ExWeb
- ↑ Edurne Pasabán coroa o seu 14º 'ochomil'[1]