Reveriano Soutullo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reveriano Soutullo
Soutullo2.gif
Nome completo Reveriano Soutullo Otero
Data de nacemento 11 de xullo de 1884
Lugar de nacemento Ponteareas, Galiza Galiza
Data de falecemento 29 de outubro de 1932
Lugar de falecemento Vigo, Galiza Galiza

Reveriano Soutullo Otero, nado en Ponteareas o 11 de xullo de 1884 e finado en Vigo o 29 de outubro de 1932, foi un compositor galego de pasodobres e zarzuelas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o cuarto de once irmáns. Os seus pais, Manuel Soutullo Valenzuela e Carolina Otero de Parga vivían en Redondela, de onde era a nai e onde o pai dirixía a banda municipal. Con todo, o rapaz tamén visita frecuentemente Ponteareas.

Dende pequeno iníciase na música da man do pai e coa axuda dun dos seus irmáns maiores, Daniel. Máis tarde estuda música na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Sendo mozo ingresa na banda municipal de Tui. Dirixe o orfeón de Tui, co cal gaña algúns premios, e unha rondalla, onde tocan algunhas das súas primeiras composicións. En 1896 ingresa coma corneta solista no rexemento de infantería Murcia nº 37 da cidade de Vigo. Alí completa os seus estudos co mestre Cetina. Logo faise cargo da banda municipal do Porriño.

Obras[editar | editar a fonte]

Zarzuelas[editar | editar a fonte]

En colaboración con Juan Vert
  • La leyenda del beso
  • La del soto del parral
  • El último romántico

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

A Reveriano Soutullo en Ponteareas.  
Casa natal.  
Placa na casa na que viviu en Redondela.  
Fachada do conservatorio de Ponteareas.  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reveriano Soutullo Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]