9 de outubro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Set- Outubro -Nov | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 9 de outubro é o 282º día do ano do calendario gregoriano (283º nos anos bisestos). Quedan 83 días para finalizar o ano.
8 de outubro < 9 de outubro < 10 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 43 a.C. - Fundación de Lugdunum, na actualidade, Lyon.
- 768 - Trala morte de Pipino o Breve, os seus dous fillos, Carlos (Carlomagno) e Carlomán son proclamados reis en Noyon e Soissons.
- 1238 - Xaime I o Conquistador entra en Valencia, que capitulara o 28 de setembro deste ano ante o asedio dos cristiáns.
- 1325 - Afonso IV de Portugal sube ó trono trala morte de seu pai Dinis.
- 1547 - Miguel de Cervantes é bautizado en Alcalá de Henares. Algúns investigadores apuntan como data do seu nacemento o 29 de setembro.
- 1705 - A rendición de Barcelona durante a Guerra de sucesión propicia que o arquiduque Carlos III de Austria se proclame rei de España.
- 1776 - Dous franciscanos establecen unha misión para indios, primeira colonización no actual emprazamento de San Francisco de California.
- 1874 - Convenio Internacional de Berna, coñecido pola Unión Postal Universal.
- 1890 - Clément Ader, inventor francés e pionero da aviación, realiza co seu aparato voador en forma de morcego Eole un primeiro voo planeado de corta duración.
- 1912 - Exposición en París da sección áurea cubista: Picabia, Léger, Gleizes, etc.
- 1913 - Comenza a guerra entre Turquía e os Estados Balcánicos (Bulgaria, Grecia, Montenegro e Serbia).
- 1919 - Implántase en España a xornada laboral de oito horas.
- 1957 - Eisenhower promulga unha nova lei sobre os dereitos civís da poboación negra estadounidense.
- 1961 - Declarado fóra da lei o Partido Comunista en EEUU
- 1962 - Uganda alcanza a independencia. Xa decidida na Conferencia de Londres do 1961.
- 1963 - O concilio Vaticano II aproba o uso parcial das linguas vernáculas na misa.
- 1967 - Ernesto "Che" Guevara é executado por militares bolivianos tras un "proceso sumario". O mítico revolucionario foi ferido e feito prisioneiro o día antes en combate, cerca de Vallegrande. Outros autores din que xa foi asasinado no día anterior.
- 1970 - Proclamación da república de Camboxa despois de 11 seculos de monarquía.
- 1976 - Asínase o documento de constitución da coalición política denominada Alianza Popular.
- 1980 - O escritor polaco residente en EEUU, Czeslav Milosz, logra o Premio Nobel de Literatura.
- 1984 - Sae á rúa o primeiro número do xornal Liberación, editado por unha cooperativa de intelectuais de esquerda.
- 1984 - Asínase en España o Acordo Económico e Social polo presidente Felipe González, os presidentes das patronais CEOE e CEPYME e o Secretario Xeral da UGT (UXT). Comisións Obreiras non o suscribiu.
- 1991 - O foguete "Atlas" pon na órbita, dende Cabo Cañaveral, o satélite de "Eutelsat" que retransmitirá os Xogos Olímpicos de Barcelona 92.
- 1992 - O telescopio espacial "Hubble" encontra pistas da materia escura do universo, da que segundo os físicos depende o seu destino.
- 1998 - Créase nos EEUU un embrión humano con xens dunha muller estéril.
- 2000 - Os estadounidenses Paul Greengard e Arvid Carlsson e o sueco Eric Kandel son galardoados co Premio Nobel de Medicina por las súas investigacions sobre a comunicación das neuronas.
- 2002 - A Unión Europea aproba o ingreso de dez novos países para 2004.
[editar] Nacementos
- 1261: - Dinis o Liberal, rei de Portugal e poeta (1279-1325)
- 1735: - Karl Wilheim de Brunswich, militar alemán
- 1757: - Carlos X, rei de Francia (1824-1830)
- 1800: - José María Dionisio Melo e Ortiz, xeneral e político colombiano, ditador da República no 1854.
- 1812: - Francisco Añón Paz, xornalista e escritor galego (m. 1878).
- 1835: - Charles Camille Saint-Saens, compositor francés
- 1852: - Emil Hermann Fischer, químico alemán
- 1859: - Alfred Dreyfus, capitán do exército francés
- 1873: - Karl Schwarzschild, astrónomo, matemático e físico alemán
- 1879: - Max von Laue, físico alemán
- 1888: - Nikolái Ivánovich Bujarin, político ruso
- - Irving Cummings, cineasta estadounidense
- 1892: - Ivo Andrić, escritor iugoslavo
- 1893: - Mario Andrade, escritor e musicólogo brasileiro
- 1901: - Tomás Garcés Miravet, poeta español
- 1906: - Leopold Sedar Senghor, poeta e estadista senegalés
- - Wolfgang Staudte, cineasta alemán
- 1908: - Jacques Tati, cineasta francés
- 1922: - Olga Guillot, cantante cubana
- 1931: - Anton Linage Conde, avogado e historiador español
- 1935: - Eduardo de Kent, duque e militar británico
- 1940: - John Lennon, compositor e cantante británico, un dos compoñentes de “The Beatles”
- 1941: - Chucho Valdés, músico cubano
- 1944: - Peter Tosh, músico xamaicano
- 1945: - Francisco Bejarano, escritor e poeta español
- 1948: - Jackson Browne, músico estadounidense
- 1951: - Fina Torres, cineasta venezolana
- 1955: - Steve Ovett, atleta británico
- 1969: - PJ Harvey, cantante británica
- 1973:- Fabio Lione, músico italiano
[editar] Mortes
- 1390: - Xoán I, rei de Castela e León
- 1469: - Filippo Lippi, fraile e pintor italiano
- 1841: - Karl Friedrich Schinkel, arquitecto alemán
- - Juan Galo Lavalle, militar e independentista arxentino
- 1918: - Duchamp-Villon, escultor francés
- 1928: - Ignacio Iglesias, dramaturgo español
- 1932: - Xosé Lassalle, músico español
- 1934: - Alexandre I Karageorgevic, rei de Iugoslavia
- 1936: - Alejandro Korn, filósofo e médico arxentino
- 1943: - Pieter Zeeman, físico holandés
- 1950: - Willis Haviland Carrier, enxeñeiro estadounidense
- 1958: - Pío XII, Papa italiano de nome Uxio Pacelli
- 1967: - Ernesto Che Guevara, revolucionario e líder político
- - André Maurois, biógrafo e crítico francés
- 1978: - Jacques Brel, cantante e poeta belga
- 1982: - Anna Freud, psicanalista austriaca
- 1995: - Sir Alec Douglas Home, político e aristócrata británico
- 1999: - Morris West, escritor australiano
- - Joao Cabral de Mello, poeta brasileiro
- 2001: - Herbert Ross, coreógrafo e director de cine estadounidense
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
- Santoral: San Denis. Nosa Seroña da Cinta. Dionisio Aeropaxita, Xoán Leonardi (Presbíteros); Rústico, Sara, Inmaculada, Inocencio, Eutero e Domnino (Martires); Arnoaldo, Gisleno e Lamberto (bispos); Diosdado, Luís, Bertrán, Pedro, Gálata, Andrónico, Atanasia e Publia (abades); Abrahán e Lot (Patronos).
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro