21 de outubro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Set- Outubro -Nov | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 21 de outubro é o 294º día do ano do calendario gregoriano (295º nos anos bisestos). Quedan 71 días para finalizar o ano.
20 de outubro < 21 de outubro < 22 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1097 - Comeza o asedio de Antioquia polo exército da primeira Cruzada. Durará até o 2 de xuño do ano seguinte.
- 1805 - Derrota da armada franco-española, dirixida polo almirante francés Pierre de Villeneuve, en Trafalgar, ante unha frota británica ao mando de Horatio Nelson.
- 1879 - Thomas Edison proba a primeira lámpada eléctrica que funciona eficazmente (dura acesa 13 horas e media ante de queimarse).
- 1945 - En Francia, as mulleres exercen o dereito ao voto por vez primeira.
- 1959 - Ábrese ao público en New York o Museo Guggenheim, nun edificio proxectado por Frank Lloyd Wright.
- 1969 - Willy Brandt convértese no primeiro chanceler socialista da República Federal Alemá.
- 2001 - Celebráronse eleccións ao Parlamento galego (VI Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtivo a maioría absoluta
[editar] Nacementos
- 1675 - O emperador Higashiyama, 113° emperador do Xapón.
- 1728 - O conde de Floridablanca, político español.
- 1772 - Samuel Taylor Coleridge, poeta, crítico e filósofo inglés.
- 1790 - Alphonse de Lamartine, escritor, poeta e político francés.
- 1833 - Alfred Nobel en Estocolmo, químico e enxeñeiro sueco que institúe o Premio Nobel (m. 1896)
- 1917 - Dizzy Gillespie, músico (m. 1993)
- 1971 - Nick Oliveri, músico estadounidense.
[editar] Mortes
- 1422 - Carlos VI de Valois, rei de Francia (n. 1368).
- 1805 - Horatio Nelson, almirante británico, morto na batalla de Trafalgar (n. 1758).
- 1886 - José Hernández, poeta, político e xornalista arxentino.
- 1931 - Arthur Schnitzler, médico e escritor austríaco.
- 1961 - Karl Korsch, filósofo marxista alemán.
- 1969 - Jack Kerouac, novelista e poeta estadounidense.
- 1978 - Anastas Mikoyan, bolxevique armenio e estadista soviético.
- 1984 - François Truffaut, director de cine francés (n. 1932)
- 2011 - Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudí (n. 1928).
[editar] Santoral
- Santo Agatón de Egipto, eremita.
- San Bertoldo de Parma.
- Santa Celina, nai de San Remixio.
- Santa Celina de Meaux, virxe.
- Santa Córdula, mártir en Colonia.
- San Gaio e compañeiros, mártires en Nicomedia.
- San Gaspar, sacerdote.
- Santo Hlarión de Gaza, eremita.
- Santo Hilarión de Moglena, bispo.
- Santa Leticia.
- San Malco, monxe.
- Santa Odilia, mártir.
- Santa Úrsula e compaña, mártires.
- Santa Zaira.
[editar] Festas e celebracións
- Día de Trafalgar no Reino Unido
- Día das Rexións de Ultramar na República Popular Chinesa
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro