Thomas Alva Edison
Thomas Alva Edison, nado en Milan, Ohio, o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange, Nova Jersey o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos importantes. The Wizard of Menlo Park, como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da produción maciza ao proceso da invención.
Índice |
Traxectoria [editar]
Al, como chamaban a Thomas Alva Edison, era un neno enfermizo, de grandes ollos azuis, cara redonda, e pelo louro. A súa cabeza era tan anormalmente grande que o médico do pobo chegou a diagnosticarlle una infección cerebral. A súa nai, Nancy, sentía por el unha gran preocupación; tivera que soportar en 1841 a morte da súa filla Carlile, cando tiña 6 anos. Pouco despois as de Samuel e Eliza, cando só tiña uns meses. Al fora considerado polos veciños como un neno difícil. Sempre andaba facendo travesuras encontrándose en apuros moitas veces. O celeiro do seu pai foi pasto das chamas porque acendeu unha pequena lumerada (só para ver que pasaba). O incendio estivo a punto de estenderse a todo o pobo; seu pai, Sam, comerciante de madeiras e víveres, castigouno pegándolle publicamente na praza do mercado. Sendo xa adulto, Thomas Alva falaba do súa nai case con devoción, pero en cambio nunca mencionou nada positivo do seu pai: “Meu pai pensaba que eu era parvo, e eu case cría que en verdade era un idiota”. Á súa vez, o pai tampouco deixou dúbida ningunha de que non podía comprender o rapaz, a súa constante curiosidade, as súas preguntas...
Thomas A. Edison desde pequeno demostrou poder de observación e curiosidade. En 1854 a familia mudouse para Port Huron, Michigan. No soto da casa Edison instalou un laboratorio de química, onde realizaba experiencias. Aprendeu o código Morse e comezou a construír telégrafos artesanais.
Traballou como vendedor de libros e telegrafista. En 1868 patentou o seu primeiro invento, que foi un contador automático de votos. Dous anos despois fundou a súa empresa en Newark, Nova Jersey. Inventou un equipamento electromecánico que transmitía telegraficamente as evolucións da bolsa de valores, que lle aportou grandes beneficios económicos. Despois produciu moitos inventos que non tiveron gran resultado comercial.
Despois dalgún tempo, Edison inventou un dos seus dispositivos, un aparello que axilizaba as transmisións en código morse. Era unha pena eléctrica que simplificaba a duplicación en mimógrafo. O micrófono de carbón, outro invento, proporcionou as transmisións telefónicas. Mudándose para Menlo Park, Nova York, diversificou as súas investigacións, abordando as máis diversas tecnoloxías, iniciando as investigacións en telefonía, perfeccionou o fonógrafo, e creou a primeira lámpada incandescente con filamento de carbón. Xa cun gran equipo de profesionais, construíu o primeiro dínamo de alta potencia e patentou moitas invencións, destacando o xerador de alto vacuo para a fabricación de lámpadas, o medidor de consumo eléctrico ou o regulador de corrente para máquina de solda eléctrica.
En outubro de 1879 a Edison Eletric Light Company era unha potencia económica dominando a xeración de electricidade nos Estados Unidos. Porén, o seu creador continuou coa súa produción de inventos. Nesta época patentou a lámpada incandescente de filamento fino de carbón a alto vacuo. O produto, debido á nova tecnoloxía, tivo un aumento substancial da súa vida útil. En 1883, despois de ter descuberto o efecto Édison, patentou o primeiro dispositivo termoiónico, un díodo termoiónico ou válvula de Edison, que foi precursora da válvula de radio, ou válvula termoiónica.
Edison General Electric [editar]
En 1888 fundouse a Edison General Eletric, iniciando un dos maiores conglomerados industriais do planeta, fabricando tódolos tipos de dispositivos eléctricos, como xeradores, motores ou xigantescas válvulas solenoides. A empresa transformouse nun dos maiores fabricantes multinacionais.
Durante a Primeira Guerra Mundial, a General Eletric entrou no campo da metalurxia naval producindo xigantescas máquinas e equipamentos que viñeron a incorporar os novos navíos que estaban sendo producidos nos máis diversos estaleiros dos Estados Unidos. A GE entrou tamén no ramo da industria química perfeccionando os métodos de fabricación de novos produtos e substancias.
Edison está considerado un dos inventores máis prolíficos do seu tempo, rexistrando 1.093 patentes co seu nome. A maioría desas invencións non eran completamente orixinais, senón mellorías máis adiantadas de patentes anteriores, e foron feitas realmente polos seus numerosos empregados. Edison foi frecuentemente criticado por non repartir os seus beneficios.
Contribucións [editar]
Entre as súas contribucións atópanse a lámpada eléctrica incandescente (mediante un sistema de filamento que aínda é utilizado actualmente), o gramófono, o cinetoscopio, o ditáfono e o micrófono de gránulos de carbón para o teléfono, Edison é un dos precursores da tecnoloxía do século XX. Moitos o consideran o maior inventor de todos os tempos e tivo o seu cociente intelectual estimado en cerca de 240. Atribúenselle máis de 1.300 patentes, das cales varias centenas son de feito da súa propia autoría.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]