John le Carré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John le Carré

John le Carré, cuxo auténtico nome é David John Moore Cornwell, nado en Poole, Reino Unido, o 19 de outubro de 1931, é un novelista británico, especializado en relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época da Guerra fría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Berna e Oxford e foi profesor na de Eton entre 1956 e 1958. Pertenceu ao corpo diplomático británico entre 1960 e 1964. O final da Guerra fría levoulle a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento da Unión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axente Smiley, son complexos e turbios, o máis oposto ao axente 007 de Ian Fleming. Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.

Obra[editar | editar a fonte]