Bomba atómica
Unha bomba atómica é unha arma explosiva cuxa enerxía deriva dunha reacción nuclear e ten un poder destrutivo inmenso — unha única bomba é capaz de destruír unha cidade grande enteira. Bombas atómicas só foron usadas dúas veces en guerra, ambas polos Estados Unidos contra o Xapón, nas cidades de Hiroshima e Nagasaki, durante a Segunda Guerra Mundial (sendo dos maiores ataques a unha poboación civil, con case 200.000 mortos). No entanto, as bombas atómicas xa foran usadas centenares de veces en probas nucleares feitas por varios países.[Cómpre referencia]
As potencias que dispoñen da arma nuclear declaradas son os EUA, Rusia, o Reino Unido, Francia, a República Popular de China, India, Paquistán e Israel. Estes países xa posúen este material para fins ofensivos. Outro país que testou armamento nuclear foi Corea do Norte, porén asinou un acordo coa ONU para se desarmar.
Efectos [editar]
Os efectos predominantes dunha bomba atómica (a explosión e a radiación térmica) son os mesmos dos explosivos convencionais. A grande diferenza é a capacidade de liberar unha cantidade inmensamente maior de enerxía dunha soa vez.
O dano producido polas tres formas iniciais de enerxía liberada difire de acordo co tamaño da arma. A enerxía liberada na explosión segue a ecuación de Einstein, E=mc², onde E é a enerxía liberada, m é a masa da bomba que "suma" na explosión e c (celeritas) é a velocidade da luz.
Curiosidades [editar]
Oficialmente, a bomba detonada mais poderosa foi de 57 megatóns - coñecida como Tsar Bomba - nunha proba realizada pola URSS en outubro de 1961. Esta bomba tiña máis de 5.000 veces o poder explosivo da bomba de Hiroshima, e maior poder explosivo que todas as bombas usadas na II Guerra Mundial sumadas, incluíndo as 2 bombas nucleares lanzadas sobre o Xapón. As bombas lanzadas nas cidades de Hiroshima e Nagasaki mataron a case 200.000 persoas, e as rexións sufriron a radiación local durante moito tempo.
Véxase tamén [editar]