27 de outubro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Set- Outubro -Nov | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 27 de outubro é o 300º día do ano do calendario gregoriano (301º nos anos bisestos). Quedan 65 días para finalizar o ano.
26 de outubro < 27 de outubro < 28 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1682 - Fundación da cidade de Philadelphia, Pennsylvania (hoxe nos Estados Unidos).
- 1795 - Os Estados Unidos e España asinan o Tratado de Madrid, que fixa os límites entre as colonias españolas e os E.U.A.
- 1806 - O exército napoleónico entra en Berlín.
- 1807 - Napoleón asina o Tratado de Fontainebleau con España.
- 1859 - O coronel estadounidense Edwin Drake levanta o primeiro derrick en Titusville, Pennsylvania.
- 1870 - Guerra franco - prusiana: a gornición francesa de Metz réndese aos prusianos.
- 1904 - Inauguración do metro en Nova York.
- 1951 - Primeira utilización da radioterapia nun paciente através dunha bomba de cobalto.
[editar] Nacementos
- 1728 - James Cook, explorador, navegante e cartógrafo británico († 1779).
- 1782 - Niccolò Paganini, violinista e compositor italiano († 1840).
- 1923 - Roy Lichtenstein, pintor estadounidense de Pop art, artista gráfico e escultor, coñecido polas súas interpretacións a grande escala da arte do cómic.
- 1932 - Sylvia Plath, poeta e novelista norteamericana.
- 1945 - Luiz Inácio Lula da Silva, político, presidente do Brasil.
- 1947 - Xoán Rubia, músico galego.
- 1952 - Roberto Benigni, actor italiano.
[editar] Mortes
- 1553 - Miguel Servet, teólogo e médico español, descubridor da circulación pulmonar do sangue (n. 1511).
- 1918 - Lois Porteiro Garea, catedrático de Dereito, ensaísta e político galego (n. 1889).
- 1945 - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego (n. 1876).
- 1980 - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego.
- 1999 - Rafael Alberti, poeta lírico español.
- 2003 - Pierre Poujade, político francés.
[editar] Santoral
- San Armando.
- Santa Balsamia.
- San Frumencio, bispo.
- San Gaudioso, bispo.
- San Vicente.
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro