Sistema nervioso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O sistema nervioso é o conxunto de tecidos e órganos que transmiten a todo o organismo os impulsos necesarios para os movementos dos músculos e as diversas funcións, e reciben do propio organismo e do mundo externo as sensacións e os estímulos.
Características [editar]
Aínda que o sistema nervioso constitúe unha unidade morfolóxica e funcional, para simplificar o seu estudo adóitase dividilo en dous apartados:
- sistema nervioso central, formada polo eixo cerebroespiñal, da cal parten os estímulos e á cal chegan as sensacións. Comprende o encéfalo e mais a medula espiñal.
- sistema nervioso periférico, ao que corresponden os doce pares de nervios que saen do encéfalo, os trinta e un pares que saen da medula espiñal e as ramificacións que se estenden ata a periferia. Os nervios transportan á periferia os estímulos e reciben dela as diversas sensacións que, nun percorrido inverso, son conducidas ao sistema nervioso central.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Sistema nervioso central
- Sistema nervioso periférico
- Sistema nervioso autónomo
- Sistema nervioso parasimpático
- Sistema nervioso simpático
- Tecido nervioso
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||