Wilfrid M. Voynich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilfrid M. Voynich

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Michał Habdank Wojnicz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1865 Editar o valor em Wikidata
Telšiai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 1930 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido (1904–)
Polonia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Educacióninstituto de Šiauliai
instituto de Suwałki
escola de Vilnius Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAcción política, comércio livreiro (pt) Traducir e bibliofilia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Londres
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónvendedor de antiguidades (pt) Traducir , activista político , libreiro , anticuario , farmacéutico , historiador , químico , Bibliófilo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ63531979 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEthel Lilian Voynich (1902–) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Wojnicz-20

Wilfrid Michael Voynich, nado en Telschi (provincia de Kaunas, ou Kovno) o 31 de outubro de 1865 e finado en Nova York o 19 de marzo de 1930, foi un bibliófilo lituano, nacionalizado estadounidense (o seu nome auténtico de nacemento era Michal Wojnicz ou Wojnics), que deu o epónimo do Manuscrito Voynich. Graduado en química e licenciado en farmacia, estudou nas Universidades de Varsovia e San Petersburgo doutorándose pola Universidade de Moscova.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acosado por diversos problemas políticos (avogou pola independencia de Polonia do xugo ruso) foi encarcerado e en 1885 deportado a Siberia; soportou este suplicio durante cinco anos até que se escapou en 1890: fuxiu a Alemaña e agochouse en Hamburgo. Segundo relatou na súa biografía vendeu o seu abrigo e os anteollos para, coa mísera suma que lle deron por eles, "mercar unha pasaxe de terceira clase nun barco de carga que transportaba froita a Londres, un arenque afumado e un anaco de pan para acalar a fame".

Xa asentado en Londres coñeceu a unha moza irlandesa chamada Ethel Lilian (1864-1960), a quinta filla do matemático e filósofo George Boole, con quen casou en 1902: ambos pasaron bastante tempo escribindo e enviando a Rusia literatura revolucionaria e traducindo ao inglés as obras de Marx, Engels e Plejanov (segundo os seus biógrafos falaba 18 linguas, aínda que non moi ben).

Obtivo a cidadanía británica en 1904 e anglicanizou o seu nome, que transformou en Voynich, aínda que nas súas viaxes ao continente adoitaba utilizar as partículas "de" e "von" para impresionar aos seus clientes.

Por esa época comezou a interesarse polos libros, manuscritos e catálogos antigos: prosperou moi rapidamente (aínda que non está moi clara a orixe dos seus recursos económicos iniciais) e estableceu un importante comercio de libros raros en Soho Square, a onde acudían moitos coleccionistas para conseguir libros descatalogados, raros, incunables ou imposibles de encontrar.

En 1912 atopou na biblioteca do colexio xesuíta de Villa Mondragone, Italia, o manuscrito que a día de hoxe leva o seu nome e que comprou por pouco diñeiro, xunto con outros manuscritos e libros antigos (parece ser que a orde precisaba desesperadamente os cartos para amañar o colexio); intentou descifrar o seu contido remitindo copias do mesmo a diversos expertos, aínda que sen resultado ningún.

En novembro de 1914, a punto de comezar a guerra, embarcou no célebre paquebote RMS Lusitania —afundido en 1915 por un submarino durante a primeira guerra mundial— e mudouse a Nova York con parte da súa gran colección de libros, onde continuou co seu oficio de libreiro especializado en textos raros até a súa morte en 1930. Ao final prosperara tanto que chegou a abrir oficinas e delegacións en París, Florencia e Varsovia).

É posible, aínda que hoxe xa non se pode comprobar, que as súas finas "ulideiras" para as boas compras, e posteriores mellores vendas, se basease na súa capacidade para convencer a un ignorante propietario, sempre necesitado de liquidez, do escaso valor dos "vellos libros" que pretendía venderlle, "vellos libros" polos que algún adiñeirado caprichoso pagaría despois, na súa tenda, unha fortuna.

Considérase un dos presuntos autores do Manuscrito Voynich, non só porque sempre ocultou o lugar onde pretendeu "encontrar" o manuscrito ("un castelo no Sur de Europa" segundo a súa versión oficial, "situado en Austria" segundo os seus comentarios a Newbold), senón tamén porque tiña amplos coñecementos de química e era experto en obras raras.