Baltasar Garzón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Baltasar Garzón | |
|---|---|
| Baltasar Garzón nunha visita en Arxentina. | |
| Nacemento: | 26 de outubro de 1955 (57 anos) Torres (Xaén) |
| Ocupación: | Xuíz |
| Cónxuxe(s): | María del Rosario Molina Serrano |
Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz titular do Xulgado Central de Instrución número 5 de Madrid. Estes xulgados investigan os delitos cuxo axuizamento corresponde ao Xulgado Central do Penal ou á Audiencia Nacional, tribunais españois que axuízan en primeira instancia os delitos con implicacións en todo o territorio ou de maior gravidade.
Foi inhabilitado durante 11 anos do seu cargo o xoves 9 de febreiro do 2012, na causa aberta que tiña na súa contra polo caso Gürtel[1].
Notas [editar]
- ↑ Juristas avisan de que la sentencia es "increíble", nova en Público o 10 de febreiro de 2012. (en castelán)