A guerra dos mundos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A guerra dos mundos
The War of the Worlds first edition.jpg
Cuberta da primeira edición
Título orixinal The War of the Worlds
Autor H. G. Wells
País Reino Unido
Lingua inglés
Xénero(s) Ciencia ficción
Editorial Flag of the United Kingdom.svg William Heinemann
Galicia Edicións Xerais
Data de pub. Flag of the United Kingdom.svg 1898[1]
Galicia 1997
Páxinas 303
ISBN ISBN 8483022141
Precedido por The Invisible Man
Seguido por The Sleeper Awakes
Tradución Gonzalo Constenla
Esther Sánchez Rodríguez

A guerra dos mundos[2] (na versión orixinal The War of the Worlds) é unha novela de ciencia ficción do autor H. G. Wells. É a historia en primeira persoa das aventuras dun protagonista sen nome (e do seu irmán) en Surrey, Londres, cando o planeta Terra é invadido por marciáns. Escrito en 1895–97,[3] é unha das primeiras historias que contan un conflito entre a humanidade e unha raza extraterrestre.[4] Esta novela é unha das máis comentadas no eido da ciencia ficción.[5]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A guerra dos mundos tivo varias adaptacións cinematográficas, dramas de radio, libros de banda deseñada, videoxogos, series de televisión, e secuelas ou historias paralelas doutros autores.

  • A máis famosa adaptación foi o programa de radio de 1938 que foi narrado e dirixido por Orson Welles. Os primeiros dous terzos dos 60 minutos que duraba o programa foron presentados como un boletín de novas, o que provocou que o pánico se espallara entre os oíntes que creron que os eventos descritos no programa eran verdade.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Facsímile da primeira edición orixinal
  2. A guerra dos mundos en Xerais
  3. David Y. Hughes and Harry M. Geduld, A Critical Edition of The War of the Worlds: H.G. Wells's Scientific Romance (Bloomington and Indianapolis: Indiana University Press, 1993), p. 1.
  4. John L. Flynn (2005). "War of the Worlds: From Wells to Spielberg". p.5
  5. Patrick Parrinder (2000). "Learning from Other Worlds: Estrangement, Cognition, and the Politics of Science Fiction and Utopia". P.132. Liverpool University Press
  6. Brinkley, Alan (2010). "Capítulo 23 - The Great Depression". The Unfinished Nation. pp. 615. ISBN 978-0-07-338552-5.
  7. "War of the Worlds". Metacritic. http://www.metacritic.com/film/titles/waroftheworlds. Consultado o 28 de setembro de 2009.
  8. "War of the Worlds". Rotten Tomatoes. http://www.rottentomatoes.com/m/war_of_the_worlds/. Consultado o 3 de febreiro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]