Edgar Allan Poe
Edgar Allan Poe, nado en Boston o 19 de xaneiro de 1809 e falecido o 7 de outubro de 1849, foi un escritor norteamericano do século XIX célebre polos seus relatos de terror e polo seu alcoholismo crónico que ó cabo levouno á morte.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formación e primeira publicación [editar]
Os seus pais foron David e Elizabeth Arnold Poe, mais o seu pai abandonounos ó pouco de nacer Edgar. A súa nai morreu en Richmond en 1811. Edgar foi acollido entón por Frances Allan e John Allan. Este nunca adoptou legalmente a Poe, mais si lle dou o seu apelido. Por disensións co seu medio pai, Poe acabou na Academia Militar de West Point (1827-1831). En xaneiro de 1831 mudouse a Nova York, e coñeceu ao editor Elam Bliss, quen lle publicou unha colección de poemas dedicados ó "corpo de cadetes da U.S.".
Revistas e relatos curtos [editar]
En 1831 volve a Baltimoreu, á casa da súa tía María Clemn. Ese ano desátase a peste en Baltimore. Esta inspiroulle The King Pest (1834) e A Máscara da Morte Bermella (1842). En 1836 casou con Virginia Clemn en segredo. En 1837 trasladouse a Nova York e publicou A narración de Arthur Gordon Pyn. En 1838 trasladouse a Filadelfia, onde traballou coma axudante de edición na revista Burton's Gentleman's. En 1840 a editorial Lea & Blanchard publica 25 relatos en dous volumes: Tales of the Grotesque and Arabesque. Deixa Burton's Gentleman's e comeza a tentar lanzar a súa propia revista crítica independente. Logo do primeiro fracaso nesa tentativa, entra en Grahan's Magazine.
Éxito [editar]
Foi entre os anos 1842-1847 en Nova York cando acadou o seu maior éxito, en particular logo de que o New York Times publicase o seu máis célebre poema: "O Corvo". Chega a facerse co Broadway Journal como editor e propietario. En 1847 morre Virxinia, e Poe colapsa no alcohol. Nos derradeiros días de lucidez publica "Eureka", un poema en prosa sobre a creación e a evolución do Universo.
Obra [editar]
Case unanimemente é considerado un xenio, a súa obra de ficción e a súa poesía non constitúe senón unha pequena parte a carón dos seus ensaios e do traballo coma crítico de literatura.
Entre as súas obras máis célebres cóntanse:
- O gato negro, (1843).
- A caída da casa Usher, (1839).
- O pozo e o péndulo, (1842): todos eles no xénero do terror.
- O corvo, en poesía (traducida ao galego no 2007, en Urco, por Tomás González Ahola).
- A narración de Arthur Gordon Pyn, (1837), única incursión na narrativa longa.
- Os casos de Monsieur Dupin, co que inventa o xénero de misterio que despois daría lugar a Sherlock Holmes, de Conan Doyle. Estes casos compóñense de tres relatos: Os crimes da rúa Morgue, (1841); O asasinato de Marie Roget, (1843), e A carta roubada, (1845).
A parte máis pública da súa vida é quizais o seu alcoholismo, que o acompañou durante toda ela. A imaxe popular de Poe é a dun bébedo dando renda solta ós seus delirios, ata tal punto que os que se denominaron Escritores Malditos convertérono no seu profeta. Entre estes cabe destacar a Charles Baudelaire, que fascinado pola obra de Poe, traduciuna ó francés.
Menos coñecida é a imaxe de Poe de si mesmo, un xenio que se recoñece como tal. Capaz de criticar na obra de Charles Dickens erros que el comete logo en A narración de Arthur Gordon Pym.
Poe, herdeiro do romanticismo, non pode evitar incluír nos seus relatos auténticas leccións maxistrais, tanto para dotar de realismo ó seu relato como co afán de ilustrar (e de impresionar) propio dun xenio da época.
Véxase tamén [editar]