Tod Browning
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tod Browning | |
|---|---|
| Nacemento | Charles Albert Browning, Jr. 12 de xullo de 1882 Louisville, Kentucky, EUA |
| Falecemento | 6 de outubro de 1962 Hollywood, California, EUA |
Charles Albert Browning, Jr., máis coñecido como Tod Browning, nado en Louisville, Kentucky, o 12 de xullo de 1882 e finado en Hollywood, California, o 6 de outubro de 1962, foi un director e actor norteamericano.
Traxectoria [editar]
Desenvolveu o seu traballo artísticao tanto na era sonora do cinema como na muda. Non obstante, o recoñecementeo chegoulle unicamente polas súas obras dentro do xénero do terror como Drácula (1931), filme que rodou con Béla Lugosi, ou Freaks (1932). Browning foi un director moi prolífico que realizou aproximadamente 60 traballos como director picando distintos xéneros.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |