Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor galego.
Traxectoria [editar]
Comeza no campo da curtametraxe para logo ser coñecido polo súa presenza na serie da Televisión de Galicia Mareas vivas, serie mítica da TVG e que lanza á fama aos seus protagonistas, entre eles, Luis Tosar. En febreiro de 2003 foi elixido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego.
Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Reparto no 2003 por Os luns ó sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Celda 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.
En 2006 ten un papel nunha película que foi remake da serie Miami Vice dos anos 80, Miami Vice, xunto a Colin Farrell e Jamie Foxx. En Alacant participou no filme inglés Mr. Nice xunto a Rhys Ifans, Chloë Sevigny, David Thewlis e a española Elsa Pataky.
Representou a cara visible do apoio do mundo da cultura á Plataforma Nunca Máis durante a crise polo afundimento do Prestige (13 de novembro de 2002).
É o cantante da banda Di Elas.
Longametraxes [editar]
- Atilano, presidente (Santiago Aguilar e Luis Guridi, 1998)
- Flores de otro mundo (Icíar Bollaín, 1999)
- Celos (Vicente Aranda, 1999)
- El corazón del guerrero (Daniel Monzón, 2000)
- Sei quen es (Patricia Ferreira, 2000)
- Leo (José Luis Borau, 2000)
- La comunidad (Álex de la Iglesia, 2000)
- Besos para todos (Jaime Chávarri, 2000)
- El váter susurra (Rafael Calvo), 2000
- Lena (Gonzalo Tapia, 2001)
- Sin noticias de Dios (Agustín Díaz Yanes, 2001)
- Un asunto pendiente (José Manuel Quiroga, 2001)
- Semana Santa (Pepe Danquart, 2002)
- Os luns ó sol (Fernando León de Aranoa, 2002)
- Trece badaladas (Xavier Villaverde, 2002)
- O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2003)
- O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003)
- Te doy mis ojos (Icíar Bollaín, 2003)
- La flaqueza del bolchevique (Martín Cuenca, 2003)
- A vida que che espera (Manuel Gutiérrez Aragón, 2004)
- ¡Hay motivo! (segmento "Por tu propio bien", de Icíar Bollaín, 2004)
- Inconscientes (Joaquín Oristrell, 2004)
- O ano da carracha (Jorge Coira, 2004; pequena aparición como el mesmo)
- Galatasaray-Dépor (Hannes Stöhr, 2005)
- Aupa Etxebeste! (Asier Altuna e Telmo Esnal, 2005)
- O don da dúbida (Alber Ponte, 2005)
- La noche del hermano (Santiago García de Leániz, 2005)
- El mundo alrededor (Alejandro Calvo-Sotelo, 2005)
- Las vidas de Celia (Antonio Chavarrías, 2006)
- Cargo (Clive Gordon, 2006)
- Miami Vice (Michael Mann, 2006)
- Hotel Tívoli (Antón Reixa, 2007)
- Casual Day (Max Lemcke, 2008)
- A noite que deixou de chover (Antonio Zarauza, 2008)
- Cela 211 (Daniel Monzón, 2009)
- Mr. Nice (Bernard Rose, 2009)
- O apóstolo de (Fernando Cortizo, 2010)
- Flatmate (Jaume Balagueró, 2010)
- Lope (Andrucha Waddington, 2010)
- 18 comidas (Jorge Coira, 2010)
- También la lluvia (Icíar Bollaín, 2010)
- Crebinsky (Enrique Otero, 2010)
- Mientras duermes (Jaume Balagueró, 2011)
- Galaicus (2012)[1]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]