Amerindio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amerindio
Jeunes femmes mayas.jpg

Mulleres maias en Guatemala, 2012
Poboación
Poboación total:
Aproximadamente 52 millóns
Rexións principais:
Flag of Mexico.svg México 14.314.119[1]
Flag of Peru.svg Perú 13,8 millóns[2]
Flag of Bolivia.svg Bolivia 6 millóns[3]
Flag of Guatemala.svg Guatemala 5,4 millóns[4]
Flag of Ecuador.svg Ecuador 3,4 millóns
Estados Unidos de América Estados Unidos 2,9 millóns[5]
Flag of Chile.svg Chile 1,7 millóns[6]
Flag of Colombia.svg Colombia 1,4 millóns[7]
Flag of Canada.svg Canadá 1,2 millóns[8]
Flag of Brazil.svg Brasil 700.000[9]
Flag of Argentina.svg Arxentina 600.000[10]
Flag of Nicaragua.svg Nicaragua 443.847[11]
Flag of Panama.svg Panamá 204.000[12]
Flag of Paraguay.svg Paraguai 95.235[13]
Flag of El Salvador.svg O Salvador ~70.000[14]
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica ~60.000[15]
Flag of Guyana.svg Güiana ~60.000[16]
Flag of Belize.svg Belize ~24.501 (maias)[17]
Francia Güiana Francesa ~19.000[18]
Flag of Suriname.svg Suriname ~12.000–24.000
Aspectos culturais
Lingua Linguas indíxenas, inglés, español, portugués, francés, neerlandés
Relixión Relixión inuit
Relixións nativas americanas
Cristianismo

Amerindio, Indio ou nativo americano son nomes dados aos habitantes humanos das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o Estreito de Bering, na glaciación de hai 62 mil anos atrás.

O termo “indio” provén do feito de que Cristovo Colón, cando chegou á América, estaba convencido de que chegara á India e desa maneira chamou os pobos indíxenas que alí atopou. Por esa razón tamén, aínda hoxe se refire ás illas do mar Caribe como Indias Occidentais.

Máis tarde, estes pobos consideráronse unha raza distinta e tamén se lles deu o nome de peles vermellas. Úsase o termo amerindio para designar os nativos do continente americano, en substitución ás palabras "indios", "indíxenas" e outras consideradas aldraxantes.

Na América do Norte, estes pobos son tamén coñecidos polas expresións pobos aborixes, indios americanos, primeiras nacións (principalmente no Canadá), nativos de Alasca ou pobos indíxenas da América. Porén, os esquimós (inuit, iupik e aleutas) e os métis (mestizos) do Canadá, que teñen unha cultura e xenética diferente dos restantes, nin sempre son considerados naqueles grupos.

Brasilia - Caciques Kaiapos durante entrevista coletiva. E/d. Raony - MT, Kaye - PA, Kadjor - pa, Panara - PA. Foto: Valter Campanato/ABr. 17 de Abril de 2005.

Estes termos comprenden un gran número de distintas tribos, estados e grupos étnicos, moitos dos cales viven como comunidades cun estatuto político específico.

Orixe dos primeiros americanos[editar | editar a fonte]

Mapa das migracións humanas máis antigas[19]
Vaso maia

Ata recentemente, a interpretación máis aceptada, baseada nos achados arqueolóxicos, era que os primeiros humanos nas Américas chegaron nunha serie de migracións da Siberia para Alasca a través dunha lingua de terra que se formou durante a última glaciación entre 24 e 9 mil anos atrás.

Porén, recentes achados no Brasil mudaron o pensamento dos arqueólogos – foi atopado un verdadeiro cemiterio en Lapa Vermella (Minas Xerais) con ósos datados en 12 mil anos, o primeiro atopouno Annette Laming-Emperaire na década de 1970 e que foi “bautizado” de Lucia. Non só os “siberianos” non puideron chegar ao Brasil en tan curto espazo de tempo mais, senón que a “Lucia” parecía máis emparentada cos aborixes australianos ou cos negros das Illas Andaman.

Por outro lado, atopáronse pinturas rupestres con imaxes de tatus xigantes, que podían ser os Glyptodon que viviron durante o Plistoceno, extinguíndose hai preto de 12 mil anos. Atopáronse tamén as máis antigas pinturas de barcos do mundo. Por iso, os arqueólogos especulan se os primeiros humanos a chegaren á América - aos cales tamén se chama aborixes americanos - virían en barco, da Australia ou doutro lugar.

Existen outras teorías sobre a orixe dos nativos americanos:

O máis probábel, porén, é que as Américas fosen colonizadas por vagas de pobos de diferentes orixes, ao longo dos tempos, dando orixe ao complexo mosaico de pobos e linguas que hoxe existen. E é posíbel, igualmente, que eses pobos – tal como aconteceu en tempos históricos, ben documentados – teñan substituído ou se teñan xuntado con poboación orixinais que aló xa existían.

Ver ademais: Arqueoloxía das Américas

Interacción entre os europeos e os nativos americanos[editar | editar a fonte]

Muller quechua e neno no Val Sagrado, Andes, Perú.

A pesar de que os viquingos exploraran e estabeleceran bases nas costas da América do Norte a partir do século X e teren aí deixado marcas, como a runa de Kensington (aínda que moitos estudosos disputen a súa autenticidade), estes exploradores aparentemente non colonizaron a América, limitándose a tentar controlar o comercio de peles de animais e outras mercadorías da rexión.

Por outro lado, a colonización europea das Américas mudou radicalmente as vidas e culturas dos nativos americanos. Entre os séculos XV e XIX, estes pobos viron as súas poboacións devastadas polas privacións da perda das súas terras e animais, por doenzas e, en moitos casos por guerra. O primeiro grupo de nativos americanos atopado por Cristovo Colón, estimado en 250 mil aruaques do Haití, foron violentamente escravizados e apenas 500 sobreviviran no ano 1550; o grupo foi extinto antes de 1650.

No século XV, os españois e outros europeos trouxeron cabalos para as Américas e algúns destes animais escaparon e comezaron a se reproducir libremente. Ironicamente, o cabalo tiña orixinalmente evoluído nas Américas, mais extinguiuse na última glaciación. A reintrodución do cabalo tivo un profundo impacto nos nativos americanos das Grandes Planicies da América do Norte, permitíndolles expandir os seus territorios, trocar produtos con tribos veciñas e cazar con máis eficiencia.

Os europeos tamén trouxeron con eles doenzas contra as cales os nativos americanos non tiñan inmunidade, tales como a varicela e a varíola que, moitas veces son fatais para estas persoas. É difícil estimar a porcentaxe de nativos americanos mortos por estas doenzas, mais algúns historiadores estiman que preto de 80% da poboación de algunhas tribos foi extinta polas doenzas europeas.

A débeda histórica dos colonizadores para cos pobos nativos é inmensa. Crece a discusión sobre formas de compensación polos danos causados e outros asuntos indíxenas, a nivel internacional, como atesta o gran número de organizacións que se dedica ao tema, por exemplo:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Proyecciones de indígenas de México y de las entidades federativas 2000-2010". Comisión Nacional para el Desarrollo de los Pueblos Indígenas. 2010. http://www.conapo.gob.mx/work/models/CONAPO/indigenas_2010/Proyindigenas.pdf. Consultado o 11 de abril de 2013.
  2. "CIA, The World Factbook Peru" (PDF). https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/pe.html#People. Consultado o 2011-07-12.
  3. "CIA - The World Factbook". Cia.gov. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/bl.html. Consultado o 2011-02-23.
  4. "CIA - The World Factbook". Cia.gov. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/gt.html#People. Consultado o 2011-02-23.
  5. United States Census Bureau. The American Indian and Alaska Native Population: 2010
  6. http://estudios.anda.cl/recursos/censo_2012.pdf
  7. DANE 2005 National Census
  8. Censo de Canadá de 2006
  9. "Brazil urged to protect Indians". BBC News. 2005-03-30. http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/4392805.stm.
  10. INDEC: Encuesta Complementaria de Pueblos Indígenas (ECPI) 2004 - 2005
  11. 2005 Census
  12. "CIA - The World Factbook". Cia.gov. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/pm.html. Consultado o 2011-02-23.
  13. http://convergencia.uaemex.mx/rev38/38pdf/LIZCANO.pdf
  14. "Una comunidad indígena salvadoreña pide su reconocimiento constitucional en el país". soitu.es. http://www.soitu.es/soitu/2008/08/09/info/1218307640_720352.html. Consultado o 2011-02-23.
  15. "Costa Rica: Ethnic groups". Cia.gov. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/cs.html. Consultado o 21 de decembro de 2010.
  16. Lector de Google Drive. Docs.google.com. Retrieved on 2013-07-12.
  17. Redatam::CELADE, ECLAC - United Nations. Celade.cepal.org. Retrieved on 2013-07-12.
  18. [1][Ligazón morta]
  19. Göran Burenhult: Die ersten Menschen, Weltbild Verlag, 2000. ISBN 3-8289-0741-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amerindio