Lev Yashin
| Lev Yashin |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Lev Ivanovich Yashin | ||
| Alcume: | A araña negra | ||
| Data de nacemento: | 22 de outubro de 1929 | ||
| Lugar de nacemento: | Moscova, URSS | ||
| Data de falecemento: | marzo 1990 | ||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | falecido | ||
| Posición: | Porteiro | ||
| Altura: | 1,84 m metros | ||
| Partidos internacionais: | 78 | ||
| Goles: | |||
| Ano do debut: | 1948 | ||
| Club do debut: | Dinamo de Moscova | ||
| Ano do retiro: | 1970 | ||
| Club do retiro: | Dinamo de Moscova | ||
Lev Ivanovich Yashin, en ruso Лев Ива́нович Я́шин, nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.
Traxectoria [editar]
Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da URSS entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.
Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír ao porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.
Antes de dedicarse por completo ao fútbol, e ante a falta de oportunidades que lle ofrecía o panorama futbolístico, foi porteiro dun equipo de Hockey sobre xeo durante unha tempada, na que se converteu en campión da URSS.
Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, coa URSS logrou o título de campión Olímpico en 1958 e o Campionato de Europa en 1960.
Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.
Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.
Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.
Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Yashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).
Clubs [editar]
| Club | País | Ano |
|---|---|---|
| FC Dinamo Moscova | 1949−1971 |