Klaus Kinski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klaus Kinski Cannes.jpg
Plaque at Klaus Kinski's birthplace in Sopot 3.jpg

Nikolaus Günther Nakszynski, coñecido como Klaus Kinski, nado en Zoppot, Gdansk, o 18 de outubro de 1926 e finado en Lagunitas (California) o 23 de novembro de 1991, foi un actor alemán famoso pola súa contundencia e expresividade diante das cámaras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un farmacéutico chamado Bruno Nakszyński e a súa nai unha ama de casa chamada Susanne Lutze. Con catro anos a familia trasladouse de Danzig a Berlín. Coa explosión da Segunda Guerra Mundial uniuse ó exército alemán e foi destinado aos Países Baixos, onde cau prisioneiro de guerra polos británicos. Pasou a maior parte da guerra naquel campo e foi alí onde descubriu o seu talento para a interpretación, actuando para os demais presos.

Rematada a contenda, regresou á súa Alemaña natal e comezou a actuar en pequenos papeis para o teatro, aínda que se decantaría pola gran pantalla onde estaba mellor remunerado economicamente. Pese a que nun primeiro momento aceptase pequenos papeis a súa grande oportunidade chegou da man do director Werner Herzog para a película Aguirre, der Zorn Gottes (1971) onde daba vida a un explorador español lunático e obsesivo na procura de El Dorado. Daquela colaboración xurdiu unha relación entre Werner e Kinski que remataría quince anos despois coa película Cobra Verde (1987) debido ás numerosas discusións e tensións entrambos. Pese a todo, algunhas das películas en común como Aguirre, a cólera de Deus, Woyzcek, Nosferatu, a pantasma da noite e Fitzcarraldo son consideradas polos críticos coma obras mestras do cine europeo.

Logo de romper a relación con Werner, asumiu a dirección e interpretación na película biográfica Paganini (1989).

Tres anos despois morrería dun ataque ó corazón ós 65 anos e ninguén salvo o seu fillo Nanhoï acudiu ó funeral e ó esparexemento das súas cinzas.

Fóra das pantallas era considerado un maníaco sexual, violento e temperamental [Cómpre referencia] aínda que un traballador nato e moi perfeccionista co seu traballo. Casou tres veces e ten recoñecidos cinco fillos, tres deles actores na actualidade.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Publicou unha biografía oficial chamada Klaus Kinski: Todo o que preciso é amor onde atacaba á industria cinematográfica polo que tivo problemas legais para que saíse á luz. Ademais do cine, Klaus relataba presuntos episodios de incesto na súa familia e demais escándalos sexuais. En 1997 sería reeditado baixo o nome de Uncut con material inédito e descartado polo propio Kinski na primeria edición do libro.
  • As discusións entre Herzog e Kinski tornábanse tan violentas durante as rodaxes que en máis dunha ocasión ameazáronse con matarse.
  • Foi pai da actriz Nastassja Kinski.
  • Algúns críticos explican o comportamento de Kisnki a través da metodoloxía empregada por moitos directores alemáns da época de abusar psicoloxicamente dos actores para obter un mellor rendemento no escenario.
  • Nunha ocasión durante a rodaxe de Aguirre disparou contra un figurante porque lle amolaba o ruído que facían xogando ás cartas.

Citas[editar | editar a fonte]

Véndome polo prezo máis alto. Así é. Coma unha prostituta.
Un só debería ser xulgado polas súas depravacións. As virtudes son falsas. As depravacións reais.
Eu sería mellor que Adolf Hitler. Podería facer chegar os seus discursos moito mellor. Iso é certo.
Non son o Xesús da igrexa oficial tolerado polo poder. Non son a túa superestrela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]