Xornalista
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un xornalista ou periodista é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión.
Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información. En xeral, considérase bo cornalista ó que consegue información relevante, breve e exacta no menor tempo posible.
Segundo as palabras do académico alemán Wolfgang Donsbach, citado por Kunczik para comprender o significado deste concepto:
Un xornalista é alguén que participa na formación do contido do produto do medio masivo, sexa na colección, avaliación, detección, procesamento ou diseminación das novas, comentarios ou entretemento.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co xornalismo que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |