Feminismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Símbolo dos movementos feministas.

Feminismo é o conxunto de teorías sociais, movementos políticos, e filosofías morais, principalmente motivadas por ou concernentes ás experiencias das mulleres, especialmente referidas á súa situación social, política e económica. Como movemento social, o feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e promover os dereitos das mulleres e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concerne ao efecto que producen os roles de xénero nos homes, e o estímulo aos homes para trocar os roles tradicionais masculinos.

Movemento e circunstancias[editar | editar a fonte]

A pesar de que moitas/os líderes feministas foron mulleres, non todas as mulleres son feministas, malia que tampouco non todos os/as feministas son mulleres.

O feminismo non se atopa asociado a ningún grupo, práctica ou evento histórico en particular, senón que xorde a partir da conciencia acerca das desigualdades entre grupos e da crenza de que algo debe facerse ao respecto. Existen diversas formas del feminismo, e todos eles son válidos para contribuír a ter unha comprensión máis plural e xusta da realidade. É por iso que na actualidade hai moitas e moitos feministas que avogan pola utilización do termo en plural: feminismos. Algúns dos maiores subtipos de feminismo son o feminismo cultural, o feminismo radical, o ecofeminismo, o feminismo liberal, o feminismo da diferenza, o feminismo marxista, o feminismo separatista, o feminismo filosófico, o feminismo da igualdade, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Feminismo
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Feminismo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]