Atención:Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación.
Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda ampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde decembro de 2025.)
Ilustración na revista anticlerical francesa de La Calotte, en 1908.
O anticlericalismo é un movemento histórico contrario ao clericalismo, é dicir, á influencia excesiva das institucións relixiosas nos asuntos políticos.
A súa base sostén que as crenzas relixiosas pertencen ao ámbito exclusivamente privado do cidadán e con todo, as organizacións que as sustentan, ao formarse como institucións, exercen influencias indesexables, políticas e públicas, no conxunto social. Tamén se denomina anticlericales aos que, mantendo crenzas relixiosas, cuestionan o papel de mediador que exerce o clero na profesión de fe.
Nun sentido estrito, o anticlericalismo é un laicismo combatente e activo que trata de manter dentro do ámbito persoal as conviccións relixiosas. As derivacións deste pensamento foron moitas: nuns casos o movemento anticlerical foi acompañado de actos violentos contra edificios relixiosos ou contra as persoas; noutros tivo un contido máis intelectual e político.
Aínda que o anticlericalismo existiu en todas as épocas, foi na Ilustración cando os filósofos, como o mesmo Voltaire, atacaron de forma sistemática á Igrexa católica e aos sacerdotes, sendo unha das máis claras consecuencias daqueles movementos a expulsión dos xesuítas en países como España e Francia entre outros. O anticlericalismo incrementouse durante a revolución francesa e continuou máis tarde coa irrupción do marxismo. En todos os casos, a defensa por parte da Igrexa dos modelos absolutistas ou das accións represivas contra os movementos obreiros, así como a tradición de estar ao lado do poder político ou económico, foron detonantes do anticlericalismo social. As manifestacións anticlericales condenaron de forma tallante a participación da Igrexa en calquera ámbito do poder político, así como singularmente a educación.