Santa Cruz do Valadouro, O Valadouro
| Santa Cruz do Valadouro | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | O Valadouro[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°32′39″N 7°27′16″O / 43.54425, -7.4545 |
| Poboación | 176 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 43[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Cruz do Valadouro é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 176 habitantes (83 homes e 93 mulleres), distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 264 habitantes[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa da Santa Cruz do Valadouro data de 1667. Aséntase sobre a antiga igrexa visigótica, da que se conservan restos, que á súa vez estaba asentada sobre un castro. Posúe tamén restos doutras edificacións como o lintel de talla barroca policromada da entrada principal que representa a Adán e Eva flanqueando a Satán. O retablo maior é churigueresco e os outros neoclásicos. Tamén hai que sinalar as capelas do Carmen da Castela (século XVIII) e do barrio de Zaragoza (1753).
- O pazo de Gradaílle é de estilo barroco. Foi propiedade das familias Bolaño e Saavedra.
- Castro de Santa Cruz.[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Cruz do Valadouro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santa Cruz do Valadouro no concello do Valadouro (Lugo) | |
|---|---|
|
Albares | Bandexa | Bardoleiras | Bermún | Cabanas | A Cabanela | Camonde | As Carballas | A Carreira | A Casanova | A Casela | Cendemil | Cernadela | O Coto | As Curuxeiras | Fontelo | Fraxope | Gatoi | Gradaílle | As Lamas | A Lapa | As Leas | Liñares | Lodeiros | O Machuco | Pazos | O Pedregal | Pedrido | O Portelo | O Rego da Pía | A Revolta | Río Cabreiro | Sabugueira | San Cosme | Soutiño | Suaigrexa | A Torre | Valiña Boa | Vao | A Veiga | O Vilar | O Vilarao | Zaragoza |
Parroquias do Valadouro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-28.
- ↑ "Historia do Valadouro". Consultado o 27/11/2020.