Sufraxio feminino
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2007.) |



O movemento internacional polo sufraxio feminino, levado a cabo polas sufraxistas, foi un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do sufraxio (isto é, o dereito a votar) ás mulleres, avogando polo «sufraxio igual» (abolición da diferenza de capacidade de votación por xénero) en lugar do «sufraxio universal» (abolición da discriminación debida principalmente á raza), xa que este último era considerado demasiado revolucionario.
Liña temporal[editar | editar a fonte]
O sufraxio feminino foi aprobado (e revogado) varias veces en distintos países do mundo. Nalgúns países como Estados Unidos ou Suráfrica o sufraxio feminino autorizouse antes que o sufraxio universal; así, unha vez concedido este ós homes e mulleres brancos, aínda se lles seguía negando o dereito a votar a homes e mulleres doutras razas. Porén, na maioría de países o sufraxio feminino foi o que levou ao universal.
En 1776 en Nova Jersey autorizouse accidentalmente o primeiro sufraxio feminino (empregouse accidentalmente a palabra «persoas» no canto de «homes»), aínda que se aboliu en 1807.
En 1838 aprobouse o sufraxio feminino (coa mesmas características propias que o masculino) nas illas Pitcairn.
En 1853 aprobouse o sufraxio feminino na provincia de Vélez (no actual departamento colombiano de Santander). Foi o primeiro caso nun país independente; non obstante foi revogado no ano 1857 e restablecido o 25 de agosto de 1954 pero, como o país vivía a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, só puido poñerse en práctica a partir de 1957.
Na segunda metade do século XIX, varios países e estados recoñeceron un tipo de sufraxio feminino restrinxido comezando por Australia do Sur en 1861.
En 1869, o Territorio de Wyoming converteuse no primeiro estado dos EUA onde se instaurou o «sufraxio igual» (sen diferenzas de xénero) aínda que non era sufraxio universal, xa que non podían votar os homes e mulleres de pel negra.
En 1893 aprobouse en Nova Zelandia o primeiro sufraxio feminino sen restrinxir, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard. De tódolos xeitos, ás mulleres só se lles permitía votar sen poder presentarse ás eleccións. Só puideron presentarse a partir de 1919 a ser elixidas para un cargo político.
O primeiro país en ofrecer o sufraxio universal (e tamén permitir ás mulleres presentarse ás eleccións para o parlamento) foi Australia do Sur en 1902 (segundo outros en 1894) e Tasmania en 1903.
Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación)[editar | editar a fonte]
Países | Dereito masculino ao voto en eleccións nacionais | Voto das mulleres en igualdade cos homes |
---|---|---|
![]() |
1879 | 1893 |
![]() |
1901 | 1902 |
![]() |
1906 | 1906 |
![]() |
1898 | 1913 |
![]() |
1920 | 1915 (dende 1908 podían votar as mulleres de máis de 25 anos e que pagasen impostos) |
![]() |
1830 | 1917 (votan por primeira vez o 3 de xullo de 1927) |
![]() |
? | 1918 |
![]() |
? | 1918 |
![]() |
? | 1918 |
![]() |
1918 | 1918 |
![]() |
? | 1919 |
![]() |
? | 1919 |
![]() |
1867 | 1919 |
![]() |
1909 | 1919 |
![]() |
1917 | 1919 |
![]() |
? | 1920 |
![]() |
? | 1920 |
![]() |
1920 | 1920 |
![]() |
1918 | 1928 (dende 1918 podían votar as mulleres maiores de 30 anos) |
![]() |
? | 1929 |
![]() |
1869 | 1931 |
![]() |
? | 1934 |
![]() |
1924 | 1934 |
![]() |
1936 | 1937 (gañado en 1935 cun referendo, 95% a favor) |
![]() |
? | 1939 |
![]() |
1920 | 1940 (en Quebéc. De 1916 a 1922 no resto do país) |
![]() |
? | 1942 |
![]() |
? | 1944 |
![]() |
1848 | 1944 |
![]() |
? | 1945 |
![]() |
? | 1945 |
![]() |
1919 | 1945 |
![]() |
? | 1946 |
![]() |
? | 1946 |
![]() |
1925 | 1946 |
![]() |
? | 1947 |
![]() |
? | 1947 |
![]() |
1912 | 1947 |
![]() |
1946 | 1947 |
![]() |
? | 1948 |
![]() |
? | 1948 |
![]() |
1919 | 1948 (dende 1920 as mulleres podían votar nas eleccións comunais) |
![]() |
1935 | 1949 (dende 1935 as mulleres podían votar en eleccións municipais) |
![]() |
? | 1949 |
![]() |
? | 1950 |
![]() |
? | 1950 |
![]() |
? | 1951 |
![]() |
? | 1951 |
![]() |
? | 1951 |
![]() |
? | 1951 |
![]() |
? | 1951 |
![]() |
? | 1952 |
![]() |
? | 1952 |
![]() |
? | 1952 |
![]() |
1950 | 1950 |
![]() |
? | 1953 |
![]() |
1909 | 17 de outubro de 1953 (dende 1947 en eleccións municipais) |
![]() |
? | 1954 |
![]() |
? | 1954 |
![]() |
? | 1955 |
![]() |
? | 1955 |
![]() |
? | 1955 |
![]() |
? | 1955 |
![]() |
? | 1955 |
![]() |
? | 1955 |
![]() |
? | 1956 |
![]() |
1957 (dende 1853, na provincia de Vélez -Santander-, podían votar. En 1857 perderon o dereito ao voto ao formarse o Estado de Santander. Recuperándoo de novo o 25 de agosto de 1954 e poñéndoo en práctica dende 1957). | |
![]() |
? | 1961 |
![]() |
1889 | 1961 |
![]() |
? | 1962 |
![]() |
? | 1962 |
![]() |
? | 1963 |
![]() |
? | 1963 |
![]() |
? | 1964 |
![]() |
1870 | 1965 (dende 1920 podían votar só as mulleres de pel branca) |
![]() |
1848 | 1971 |
![]() |
? | 1971 (dende 1931 podían votar as mulleres coa escola secundaria completa) |
![]() |
? | 1984 |
![]() |
? | 1986 |
![]() |
? | 1986 |
![]() |
? | 1990 |
![]() |
1994 | 1994 (dende 1930 podían votar só as mulleres de pel branca) |
![]() |
? | 2003 |
![]() |
? | 2005 |
Listaxe de países sen sufraxio feminino[editar | editar a fonte]
Na actualidade, algúns países non recoñecen o sufraxio ás mulleres. E se o recoñecen (como no Líbano), fano dun xeito diferente ós homes. A seguinte listaxe non inclúe os países que non permiten o sufraxio nin a homes nin a mulleres:
Arabia Saudita
Brunei Darussalam
Emiratos Árabes Unidos
Líbano: De 1952 a 1957, as mulleres requiren unha proba educativa, os homes non. O voto era obrigatorio para os homes e opcional para as mulleres durante estes cinco anos[1].
Sufraxistas[editar | editar a fonte]
Os e as sufraxistas foron a miúdo membros de diferentes asociacións co mesmo obxectivo, aínda que usando diferentes tácticas. Por exemplo, as sufraxistas británicas caracterizábanse por un tipo de defensa máis combativa. Noutros países o sufraxio feminino logrouse dende as institucións do estado mediante leis que foron impulsadas directamente por mulleres na política como o caso de España con Clara Campoamor ou a Arxentina con Eva Perón.
Os primeiros obxectivos do movemento feminista seguiron sendo os mesmos: a incorporación da muller ao traballo durante a primeira guerra mundial, o dereito de voto, a mellora da educación, a capacitación profesional, a apertura de novos horizontes laborais, a equiparación de sexos na familia como medio de evitar a subordinación da muller e a dobre moral sexual. A gran novidade viu da ampla mobilización colectiva que soubo dirixir o movemento sufraxista en determinados países.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dieter Nohlen; Florian Grotz; Christof Hartmann (15 November 2001). Elections in Asia and the Pacific: A Data Handbook : Volume I: Middle East, Central Asia, and South Asia: Volume I: Middle East, Central Asia, and South Asia (en francés). OUP Oxford. pp. 174–. ISBN 978-0-19-153041-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sufraxio Universal, Fraude da Esquerda. Artigo de Inés Maldonado en Debate 21
- Sufraxio feminino en Alemaña Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine. - 19 de xaneiro 1919 - primeiro sufraxio feminino en Alemaña.