Vilaselán, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′N 07°02′O / 43.533, -7.033

Vilaselán
Vilaselanfrontal.JPG
Vista frontal da igrexa
ConcelloRibadeo
Poboación390 hab. (2014)
Entidades de poboación16

Santa María de Vilaselán é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Segundo o censo de 2004, tiña 403 habitantes, repartidos en dous lugares (As Trancoeiras e Xan de Abaixo) e 14 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 390 habitantes, sendo 185 homes e 205 mulleres.

As entidades de poboación so: As Barreiras (26), O Campoxurado (39), O Cargadoiro (27), As Casas de Abaixo (5), O Circo (30), A Cruz (20), A Eirexa (29), O Espín (16), Os Galos (128), A Granxa (abandonado), A Lodeira (13), Outeiro (7), A Senra (12) e A Torre (38).

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia ten unha superficie de 2,12 km², cunha densidade media de 190,1 hab./km². Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Ove e Vilausende, ao leste con de Piñeira e Ribadeo, e ao oeste con Vilaframil e Rinlo. Pertencente o arciprestado de Ribadeo e é anexa da parroquia de San Xoán de Piñeira.

Nun dos extremos atópase a Illa Pancha que vixía a entrada da enseada de Vilaselán, e polo outro extremo a entrada da ría de Ribadeo. Tamén pasa polas súas estremas o río de Vilaselán. E pódese apreciar dende as dúas derradeiras décadas do século XX a absorción dalgunhas aldeas pola expansión da vila de Ribadeo, como A Eirexa, A Senra, O Circo e algunha outra máis.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome parece provir dun composto por Vila (do latín villa 'Casa de Campo') e Selán (nome de posesor xermánico latinizado Selanus), no caso xenitivo, Villa [domini] Selani. Coa caída do -i final dá a súa forma actual, Selán.

 Igrexa de Vilaselán, Ribadeo. Ofrendas de maquetas de barcos
Igrexa de Vilaselán, Ribadeo. Ofrendas de maquetas de barcos

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O máis característico é a Igrexa de Santa María de Vilaselán, do século XVIII. Nunha aldea próxima está a Capela de San Miguel.

No territorio aséntanse varios castros, como o Castro das Grobas e o de Louselas. Aínda en fase da avaliación, considerase un asentamento de grande importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento. Algúns foron trasladados o museo de Vilalba.

Festas e lecer[editar | editar a fonte]

Vista lateral da igrexa. Apréciase a porta de entrada usada habitualmente.

Celébranse as Festas da Virxe o 10 de abril. Nelas venérase con gran devoción (principalmente entre os mariñeiros), a imaxe da Virxe (aparecida no mar, segundo a tradición). Tamén son celebradas as Festas de Santo Antón, que teñen lugar o 13 de xuño.

Pódese destacar que se están comezando a urbanizar os extremos do norte da parroquia, onde está xa rematado gran parte do paseo marítimo.

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilaselán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilaselán no concello de Ribadeo (Lugo)

As Barreiras | O Campoxurado | O Cargadoiro | As Casas de Abaixo | O Circo | A Cruz | A Eirexa | O Espín | Os Galos | A Granxa | A Lodeira | O Outeiro | A Senra | A Torre | As Trancoeiras | Xan de Abaixo

Parroquias de Ribadeo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]