Seminario de Mondoñedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seminario de Mondoñedo.

O Real Seminario Conciliar de Santa Catarina, coñecido tamén como Seminario de Mondoñedo, é un centro de estudos da Igrexa Católica situado en Mondoñedo e adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol, destacado como lugar dinamizador da cultura e o galeguismo (por exemplo, fundamental na fundación do neovirxilianismo poético) dende os séculos XIX e XX. Entre os sacerdotes saídos deste seminario estiveron:

Con todo, entre os seus egresados tamén figuran segrares:

O arquiveiro e cronista oficial de Mondoñedo Eduardo Lence-Santar (1879-1960) centrouse no seminario para a súa obra de 1909 El Seminario de Mondoñedo. O seminario de Mondoñedo tamén aparece na trama do libro Ilustrísima, de Carlos Casares.