Saltar ao contido

Manuel María González López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel María González López
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
Lugo Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Toledo
Gobernador civil de la provincia de Albacete
Gobernador civil de Córdoba
Gobernador civil da provincia de Huesca
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Manuel María González López Pardo, nado en Lugo en 1892 e finado na Coruña o 13 de xullo de 1975, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro Pardo, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González, Salvador Mosteiro, asistente descoñecido, Bernardino Varela e Manuel María González.[1]

Mestre e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou en 1919 na II Asemblea Nacionalista, solicitando que se engadise ao programa das Irmandades a neutralidade relixiosa.[2] Foi redactor de Voz del Pueblo e directivo do Centro Republicano compostelán do que chegou a ser presidente en 1922. Nese mesmo ano foi elixido concelleiro en Compostela.[3] Colaborou en La Campana. En 1929 trasladouse a Vigo por motivos profesionais. Militante do Partido Republicano Radical Socialista asistiu ao pacto de Lestrobe.

Na madrugada do 14 de abril de 1931 arengou ás masas desde a escalinata do Pazo de Xustiza e proclamou a República en Vigo.[4] Na República foi nomeado gobernador civil de Huesca o 30 de decembro de 1931, permanecendo no cargo ata o 16 de xuño de 1932, cando pasou a ser gobernador civil de Córdoba, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933. Integrado en Izquierda Republicana, o 19 de marzo de 1936 foi nomeado gobernador civil de Albacete, permanecendo no cargo ata o 14 de xuño dese ano, cando pasou a ser gobernador civil de Toledo.

Aparentemente foi levado polos militares rebeldes ao interior do Alcázar de Toledo como refén durante o asedio, pero despois comprobouse que acudiu en calidade de refuxiado. Foi relevado como gobernador o 10 de agosto dese ano. Ao rematar o asedio, a finais de setembro, retornou a Galicia. No consello de guerra contra os membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela (causa 231/36) celebrado o 19 de novembro, actuou como defensor xunto cos letrados Manuel Casás Fernández e José Reino Caamaño; Manuel María ocupouse da defensa de Rafael Frade Peña.[5][6] Instalouse na Coruña, onde exerceu como avogado durante o franquismo. Finou na Coruña o 13 de xullo de 1975.[7]

É autor da peza teatral Antón de Freixide, estreada no Teatro Principal de Santiago pola Tuna Escolar Gallega o 4 de febreiro de 1915, e representado tamén na Coruña, Betanzos, Viveiro, Lugo, Monforte, Tui e Noia nese ano.[8] A obra continuou representándose nos anos dez e vinte. Na presentación da obra en Compostela, tivo moita repercusión o discurso de Manuel María, en presenza do claustro da Universidade, da prensa e das autoridades.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con María de los Ángeles Pardo Hidalgo en xuño de 1921.[10] Foi pai de María de los Ángeles, Carmela e Manuel María González Pardo. María de los Ángeles finou en febreiro de 1975.[11]

  1. Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
  2. "A II Asamblea Nacionalista 3 (XLIII)". Diario de Ferrol. Consultado o 23/04/2017.[Ligazón morta]
  3. Pereira, Dionisio (2012). Fundación 10 de Marzo, ed. José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela. Santiago de Compostela. pp. 168–169. ISBN 978-84-939921-0-1.
  4. Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF) (Tese) (en lingua castelá). USC..
  5. Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. p. 92. ISBN 84-8485-186-9.
  6. A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Narón, 4 a 7 de decembro de 2003. Nota 16. Páx. 396. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, maio 2005
  7. Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 14-7-1975, p. 15.
  8. O teatro galego e os coros populares, 1915-1931
  9. Tato, Laura (1997). Teatro galego 1915-1931 (PDF). Edicións Laiovento. pp. 11–14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.
  10. Diario de Pontevedra, 20-6-1921, p. 2.
  11. La Voz de Galicia, 18-2-1975, p. 58,

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]