Bernardino Varela do Campo
Bernardino Varela do Campo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1889 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 24 de marzo de 1944 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mariño e político |
Cónxuxe | Elvira Bao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bernardino Varela Docampo, nado na Coruña en 1889 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1944,[1] foi un mariño e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro Pardo, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela e Manuel María González.[2]
Piloto e capitán da mariña mercante. Fundou a Escola de Náutica da Coruña onde foi profesor de Cosmografía e Navegación. Foi administrador da empresa Castromil.[3] Militou na Irmandade da Fala da Coruña e foi un dos asinantes do Manifesto Nacionalista da Asemblea de Lugo. Despois militou no Partido Galeguista e foi secretario do periódico A Nosa Terra. Traduciu ao galego textos para as representacións teatrais das Irmandades. Foi o editor do primeiro conto para nenos en galego.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Elvira Bao Maceiras e foi pai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 25-3-1944, p. 3.
- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 25-10-1922 , p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernardino Varela do Campo ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Elvira Varela Bao" (2013). Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Nomes e Voces.