Víctor Casas
Víctor Casas | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 31 de xullo de 1900 |
A Coruña | |
Falecemento | 12 de novembro de 1936 |
Poio | |
Organización | Partido Galeguista |
Profesión | Xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] |
Víctor Casas Rey, nado na Coruña o 31 de xullo de 1900 e finado en Poio o 12 de novembro de 1936, foi un xornalista, actor e político galego que desenvolveu a súa actividade en Galicia.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1916 ingresou na Irmandade da Fala da Coruña. Tras abandonar o seu emprego como viaxante vendedor de calzado, en 1918 participou na I Asemblea Nacionalista de Lugo, da que saíu o «Manifiesto Nazonalista», que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil, e combateu a ditadura de Primo de Rivera. Cabo de Federico Zamora percorreu o país para levar a mensaxe do nacionalismo galego.
Activo colaborador das Irmandades da Fala, e director d' A Nosa Terra desde 1922, foi un dos impulsores da ORGA, participando nas reunións constituíntes do partido durante setembro de 1929. Aceptou o Pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930), pero non o Compromiso de Barrantes (25 de setembro de 1930) organizado polo Partido Autonomista Galego, e asinado por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Florentino López Cuevillas, Paz Andrade e Portela Valladares.
Non obstante, desencantado coa ORGA, pola súa deriva estatalista, participou, en 1931 na fundación do Partido Galeguista, do que foi presidente na provincia de Pontevedra e da Coruña. Partidario da alianza na Fronte Popular, tralo intento de golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil, foi detido, condenado por un consello de guerra e fusilado polas tropas franquistas no monte da Caeira, en Poio, a catro quilómetros de Pontevedra, xunto a outros dez republicanos.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Lamela García, V. Luis (1993). Inmolados gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro... (en castelán). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-655-6.