Universidade da Cidade de Nova York
| Universidade da Cidade de Nova York | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nova York | |||||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||||
|
Membro de
Northeast University Semiconductor Network (en)
Open Education Global Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition (en) American Association of Community Colleges (en) American Association of State Colleges and Universities (en) Open Education Network (en) Association of Public and Land-grant Universities (en) NextGen Service Corp (en) Council on Governmental Relations (en) | |||||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||||
|
Fundador/a
| |||||||||||||||||
|
Presidente/a
| |||||||||||||||||
|
Cadro de persoal
| |||||||||||||||||
|
Número estudiantes
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
A Universidade da Cidade de Nova York (en inglés, City University of New York; CUNY; acrónimo pronunciado /ˈkjuːni/) é un consorcio de 11 universidades, seis 'colexios comunitarios', unha escola de posgrao que concede doutoramento, unha escola de Xornalismo e unha facultade de Dereito.
Máis de 450.000 estudantes adultos están matriculados en campus situados nos cinco distritos de Nova York.
CUNY é o terceiro consorcio universitario máis grande dos Estados Unidos por número de estudantes, só superado polos sistemas da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) e da Universidade Estatal de California (Cal State). CUNY e SUNY son sistemas universitarios separados e independentes, aínda que ambas son institucións públicas que reciben financiamento do Estado de Nova York; con todo, CUNY está financiado adicionalmente pola cidade de Nova York.
Historia
[editar | editar a fonte]CUNY creouse en 1961 fusionando o sistema municipal de universidades de Nova York e engadindo unha nova escola de posgrao. As institucións municipais que se fusionaron foron:
- The Free Academy, fundada en 1847 por Townsend Harris, e que se converteu no City College of New York .
- The Female Normal and High School, fundada en 1870, máis tarde renomeada como Normal College primeiro e Hunter College en 1914. Hunter College expandiuse ao Bronx cun campus que máis tarde se independizou como Lehman College.
- Brooklyn College, fundado en 1930.
- Queen's College, fundado en 1937.
Os inicios de CUNY datan da formación da Academia Libre (TFA) en 1847 por Townsend Harris. A institución formouse como "unha Academia Libre co propósito de estender os beneficios da educación gratuíta ás persoas que foran alumnos das escolas comúns da cidade e do condado de Nova York". A Free Academy converteuse máis tarde no City College of New York, a institución máis antiga entre as que compoñen CUNY. Desde entón, pasou a ser sete colexios, catro escolas híbridas, seis colexios comunitarios, así como escolas de posgrao e programas profesionais.
CUNY atendeu historicamente a un corpo diverso de estudantes, especialmente aqueles que están excluídos ou non poden pagar as universidades privadas. CUNY proporcionou unha educación gratuíta para os pobres, a clase traballadora e os inmigrantes da cidade de Nova York até 1975, cando a crise fiscal da cidade obrigou a impoñer unha taxa de matrícula. Moitos académicos e intelectuais xudeus estudaron e ensinaron na CUNY na era posterior á Segunda guerra gundial, cando as universidades da Ivy League, como a Universidade de Yale, discriminaban aos xudeus.[1] CUNY tivo a reputación de ser "o Harvard do proletariado".[2] [3]
Ao longo da súa historia, CUNY e os seus colexios, especialmente o City College of New York (CCNY), estiveron implicados en varios movementos políticos. Foi coñecido como un fervedoiro de apoio socialista no século XX.[4] CUNY apoiou varias conferencias, como a Conference of Socialist Scholars.[5]
A tradición de diversidade de CUNY continúa hoxe, cunha grande proporción do seu alumnado formada por novos inmigrantes á cidade de Nova York procedentes de 171 países.[6]
Edificios
[editar | editar a fonte]- CUNY School of Medicine, Facultade de Medicina.
Unidades académicas de CUNY
[editar | editar a fonte]
Exalumnos destacados[editar | editar a fonte]CUNY conta con exalumnos prominentes nos máis diversos campos, desde a política á medicina[35], entre eles Colin Powell, ex Secretario de Estado; Jonas Salk, inventor da primeira vacina contra a poliomielite; Ralph Lauren, deseñador de moda; Jennifer Lopez, cantante e actriz de orixe portorriqueña; Tarkan, cantante turco; Bella Abzug, avogada e política estadounidense; Ruby Dee, actriz e activista pro dereitos civís; Audre Lorde (Hunter College, 1959), poeta e activista lesbiana afroamericana; Barbara Boxer, pacifista, ecoloxista e senadora demócrata por California; Gata Kamski, MI de xadrez, Frank McCourt, novelista, autor de Angela's ashes e gañador do Pulitzer; Paul Mazursky, guionista, produtor e actor, F. Murray Abraham, actor gañador dun Oscar; Chantal Akerman, director de cine; Hannah Arendt, filósofa; J. Patrice McSherry profesora universitaria e investigadora da operación Cóndor, Allen Ginsberg, poeta da xeración beat, Bell hooks, escritora e crítica; Paul Krugman, economista; Audre Lorde, poeta e activista; Adrienne Rich, poeta e activista; Abraham Maslow, psicólogo humanista; Stanley Milgram, psicólogo social; Itzhak Perlman, violinista; Mark Rothko, pintor expresionista; Eve Kosofsky Sedgwick, crítica literaria. Premios Nobel[editar | editar a fonte]Até 2008, houbo 12 premios Nobel afiliados á City University de Nova York. CUNY considera que calquera laureado que asistiu a unha das súas facultades superiores é un laureado afiliado.[36] Arthur Kornberg, graduado en 1937, foi o primeiro laureado CUNY ao gañar o Premio Nobel de Medicina en 1959.[36] Herbert A. Hauptman e Jerome Karle, ambos graduados do City College en 1937 xunto con Kornberg, gañaron en conxunto o Premio Nobel de Química en 1985, sendo os únicos en facelo dese xeito.[36] Cinco galardoados de CUNY gañaron o Premio Nobel de Medicina, máis que en calquera outra categoría.[37] Nove graduáronse no City College; dúas delas, Rosalyn Yalow e Gertrude Belle Elion, no Hunter College; e un, Stanley Cohen, no Brooklyn College en 1943. Elie Wiesel, sobrevivente dos campos de concentración nazis, novelista e activista vinculado á CUNY tamén foi gañador do Nobel da Paz.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
