Política

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Político")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O termo política procede do grego Polis 'cidade', sería o funcionamento da cidade, evolucionando até o concepto moderno de ciencia de mantemento e desenvolvemento do estado e as relacións no seu interior. Na actualidade designa o proceso e actividade, orientada ideoloxicamente, de toma de decisión dun grupo para a consecución duns obxectivos. A ciencia política estuda dita conduta. O nacemento do termo foi no século V antes de Cristo, en Atenas.

A ciencia política é a ciencia que estuda a política.

Conceptos de política[editar | editar a fonte]

Concepto amplo de política[editar | editar a fonte]

Unha definición máis ampla fai definir a política como toda actividade, arte, doutrina ou opinión, cortesía ou diplomacia tendentes á busca, ao exercicio, á modificación, ao mantemento, á preservación ou á desaparición do poder público.[1][2][3]

Nesta ampla definición pódese observar claramente o obxecto da ciencia política, entendido como o poder público subtraído da convivencia humana, xa sexa dun Estado, xa dunha empresa, un sindicato, unha agrupación, unha escola, unha igrexa etc.

Por iso cando se emprega a definición máis ampla de política adoita aclararse que esta é unha actividade da que é moi difícil subtraerse, por atoparse en case todos os ámbitos da vida humana.

Concepto restrinxido de política[editar | editar a fonte]

Unha definición máis estrita proporía que a política é unicamente o resultado expreso oficialmente nas leis de convivencia nun determinado Estado.[4] Definición que restrinxe á vida das agrupacións e organizacións non estatais, limitándoas unicamente ás disposicións legais dos seus estados.

Obxecto de estudo da política[editar | editar a fonte]

Segundo Max Weber, Raymond Aron, George Vedel e Maurice Duverger, o obxecto de estudo da política é o "poder".[5]

Política dogmática[editar | editar a fonte]

Política dogmática é concibir o proceso político como mantemento dunha estratexia considerada ortodoxa, identificada coa "verdade", é dicir, que non ten criterio de discusión.[6]

Política funcional[editar | editar a fonte]

Conxunto de aliñamentos discrecionais que aplican a un proceso, subproceso ou unidade para facilitar a toma de decisións congruentes co que os líderes dos procesos e unidades requiren para xestionar as actividades. Unha política funcional admite discreción.

Teorías e ideoloxías políticas no espectro político[editar | editar a fonte]

Esquema bidimensional que mostra as ideoloxías principais dentro do espectro político. En vermello o totalitarismo ou estatismo, en azul o capitalismo antigo ou conservadorismo tradicionalista, en amarelo o totalismo ou socialismo, en verde o liberalismo ou capitalismo despois das revolucións burguesas. O eixo vertical corresponde ó eixo moral (autoritarismo-libertarismo) e o eixo horizontal ó eixo económico (esquerda-dereita).

Todas as ideoloxías políticas agrúpanse arredor de dúas dimensións que son a económica e a social. A dimensión económica está integrada por dúas ideoloxías opostas, esquerda-dereita, que forman unha liña horizontal e a dimensión social está integrada por outras dúas ideoloxías opostas, autoritarismo-libertarismo,[7][8][9] que forman unha liña vertical. Xuntas estas dúas dimensións integran un mapa ideolóxico en que podemos atopar catro grandes sistemas como o totalitarismo, conservadorismo, socialismo e o liberalismo, e o punto en que se cruzan as dúas liñas considérase como o centro político.[8][9]

Partidos políticos[editar | editar a fonte]

Os partidos son entidades de base asociativa que aglutinan e manifestan propostas de carácter político dentro de cada sistema político. Os sistemas democráticos adoitan adoptar o pluripartidismo como forma organizativa, mentres as ditaduras adoptan a organización de partido único.

Partidos políticos en España[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Partidos políticos en España.

A Constitución española de 1978 recoñece o sistema pluripartidista no seu artigo 6. Na súa maioría, en España, os partidos teñen ámbito estatal ou ámbito autonómico, aínda que tamén pode habelos de ámbitos menores. Os partidos poden formar federacións, confederacións e unións de partidos así como coalicións e agrupacións. Na actualidade, a Lei 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos regula a súa creación e funcionamento.

Principais partidos políticos galegos[editar | editar a fonte]

En Galiza, existen diversos partidos políticos. Con maior número de votos[cando?] son (ordenados alfabeticamente):

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eduardo Andrade Sánchez, Introducción a la Ciencia Política. Universidade Nacional Autónoma de México, México 1990, 05 ss.
  2. Definición de política
  3. De Conceptos
  4. Significados
  5. Ogaza, M.; Araujo (2012). "Objeto de estudio de la ciencia política.". 
  6. García, M. (2000). Introducción al derecho. Porrúa. 
  7. George Lakoff 1996. Moral politics : What Conservatives Know that Liberals Don't, University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-46805-1
    • 2001 Edition. Moral Politics: How Liberals and Conservatives Think, University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-46771-9
  8. 8,0 8,1 Slomp, Hans (2000). European Politics Into the Twenty-First Century: Integration and Division. Westport: Praeger. ISBN 0275968146. 
  9. 9,0 9,1 "David Nolan - Libertarian Celebrity". Advocates for Self Government. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2003. Consultado o 18 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]