Carlos Monasterio Valeiro
Carlos Monasterio Valeiro | |
---|---|
Nacemento | c. 1890 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 1938 |
Lugar de falecemento | Fraga |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola Superior de Comercio da Coruña |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Monasterio Valeiro, nado na Coruña cara a 1890 e finado en Fraga (Huesca) en 1938, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña e fíxose perito mercantil. Foi inspector-instrutor do Asilo da Coruña (1917), interventor do concello de Ortigueira (1928) e administrador de libros da Deputación da Coruña (1929). Amigo de Alfredo Somoza, foi un dos fundadores das Irmandades da Fala da Coruña da que foi secretario en 1922 e despois vogal e tesoureiro. O 18 de maio de 1930 fundou con Fernando Osorio Docampo e Ánxel Casal o semanario republicano Adelante, que se mantivo até mediados de 1931. Coa República foi secretario particular de Casares Quiroga. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Sobrado dos Monxes. Foi detido e condenado a morte, pero conseguiu a conmutación da pena e fuxiu a Lisboa, de onde marchou a Chile para reunirse cos seus irmáns. Permaneceu en Chile ata mediados de 1937, e volveu á España republicana sendo nomeado comisario político na fronte de Aragón. Morreu en Fraga (Huesca), ao ser alcanzado por unha bomba nun ataque aéreo.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Silvina Ruibal Fraga en 1924 e foi pai de Carlos Monasterio Ruibal.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.