Cráter de impacto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cráter artificial na superficie da Terra produto dunha explosión nuclear, Test "Sedan", ano 1962.
Cráter Meteor ou Barringer en Flagstaff, Arizona, cráter de impacto meteorítico, de fai uns 50.000 anos aprox.

Un cráter é unha depresión provocada polo impacto dun meteorito ou asteroide coa superficie dun planeta ou dos seus satélites. Coa tecnoloxía nuclear aplicada á balística foi posible crear cráteres "artificiais" con diámetros parellos a algúns cráteres naturais.

Cráteres terrestres[editar | editar a fonte]

Na superficie do planeta Terra, formadas polos impactos de asteroides (ordenación crecente de acordo co seu diámetro):

Destacados cráteres do Sistema Solar[editar | editar a fonte]

Odiseo en primeiro plano, pódense ve-los seus picos centrais, os Sheria Montes que teñen máis de 185 km da diámetro[1].
Cráter Stickney, imaxe tomada pola sonda Mars Reconnaissance Orbiter en Marzo do 2008.
Imaxe de Herschel tomada pola sonda Cassini no seu sobrevoo máis próximo á superficie, feito o 13-02-2010.

Evidentemente, non só existen cráteres de impacto na Terra, de feito case tódolos corpos con codia rochosa do Sistema Solar teñen cráteres, e se o corpo en cuestión non posúe unha atmosfera que axude a desintegra-los meteoritos que se lle achegan, ou coma mínimo a reduci-lo tamaño do meteorito antes de que se produza o impacto, a densidade de cráteres existentes nese corpo aumenta , así coma o tamaño dos mesmos.

Podemos citar algúns cráteres moi famosos, sobre todo tendo en conta a relación do seu tamaño co diámetro do corpo que alberga o cráter en cuestión:

  • Tycho, o enorme cráter no sur da nosa lúa, que chama moito a atención polo sistema brillante de raios, que son en realidade depósitos do material espelido polo impacto.
  • Aitken, tamén na lúa, un gran cráter de 135 km situado na gran cunca Aitken do polo sur da Lúa.
  • Herschel, o famosísimo e enorme cráter da lúa de Saturno, Mimas, que lle da unha notable semellanza a estrela da morte que aparece no filme A Guera das Galaxias.
  • Odiseo, o inmenso cráter de case 450 km da lúa de Saturno, Tetis.
  • Stickney, o enorme cráter (respecto do seu corpo proxenitor) da lúa de Marte, Fobos, de feito se o meteorito que formou este cráter chega a ser un pouco máis grande tería esnaquizado a satélite.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cráter