Beatriz de Suabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beatriz de Suabia
Raíña de Castela
BetaHohenstauf.jpg
Reinado 1220-1235
Nacemento 1205
Falecemento 5 de novembro de 1235
Toro (Zamora)
Sepultura Abadía de Arouca (Portugal)
Predecesor Mafalda de Portugal
Sucesor Xoana d’Aumale
Cónxuxe/s Fernando III de Castela
Descendencia Véxase Descendencia
Casa Real Hohenstaufen
Pai Felipe de Suabia
Nai Irene Ángelo

Escudo de Beatriz de Suabia

Beatriz Isabel de Suabia, nada en 1205 e finada en Toro (Zamora) o 5 de novembro de 1235, foi unha nobre alemá, raíña consorte de Castela e de León entre 1220 e 1235 polo seu matrimonio con Fernando III de Castela. Foi filla de Felipe, duque de Suabia e rei de Romanos, e de Irene Ángelo, nada ésta de Isaac II Ángelo, emperador de Constantinopla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois da morte do seu pai permaneceu baixo a tutela do seu curmán Federico II, Sacro Emperador Romano Xermánico; éste deu a súa autorización para o seu casamento con Fernando III, rei de Castela e de León, unión que se concretou a finais de novembro de 1219 no Monasterio de San Zoilo de Carrión de los Condes, situado na provincia de Palencia. Desta unión naceron:

Sepultura da raíña Beatriz de Suabia[editar | editar a fonte]

Sepulcro de Beatriz de Suabia. Capela Real da Catedral de Sevilla.

Á súa morte, o corpo da raíña Beatriz de Suabia recibiu sepultura no mosteiro de Laas Huelgas de Burgos, nun sepulcro colocado xunto ao do rei Henrique I de Castela. O seu fillo, Afonso X o Sabio ordenou que os seus restos mortais fosen trasladados á Catedral de Sevilla en 1279, onde repousaban os restos mortais de Fernando III.[1]

En 1948, con motivo do sétimo centenario da conquista da cidade de Sevilla por Fernando III, que capitulou en 1248, construíuse o sepulcro actual da raíña Beatriz de Suabia, que se atopa situado no lado da Epístola da Capela Real da Catedral de Sevilla. A estatua orante da raíña Beatriz de Suabia, realizada en pedra e alabastro, representa a raíña na súa mocidade, levando toca e coroa. No seu manto aparecen esculpidos castelos e leóns. O resto do mausoleo da raíña é idéntico ao do seu fillo Afonso X o Sabio, situado enfronte del. O mausoleo está formado por dous corpos superpostos, que se atopan flanqueados por columnas nos extremos. O primeiro corpo contén a urna onde repousan os restos mortais da raíña Beatriz de Suabia, en cuxa frontal se atopa unha cartela onde se le Beatriz de Suabia. O segundo corpo do mausoleo, rematado por un frontón, ocúpao un medallón circular no que aparece colocado o escudo do reino de Castela e León.[2]

Na primitiva Capela Real da Catedral de Sevilla estaba colocada unha estatua que representaba a raíña en posición sedente, que estaba situada ante a imaxe da Virxe dos Reis, e á súa esquerda. Tamén se atopaban presentes na capela as imaxes sedentes de Fernando III e de Afonso X, sepultados alí. En 1356, Pedro I de Castela, tataraneto de Afonso X o Sabio, despoxou as imaxes de Afonso X e da súa nai, a raíña Beatriz de Suabia, de todos os metais e pedras preciosas que as adornaban.

Predecesor:
Mafalda de Portugal
Raíña consorte de Castela
1220 - 1235
Sucesor:
Xoana d'Aumale
Predecesor:
Berenguela de Castela
Raíña consorte de León
Raíña consorte de León
1220 - 1235
Sucesor:
Xoana d'Aumale

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz de Suabia

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla'. Madrid, Instituto Jerónimo Zurita. CSIC.
  • Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castillo, Belén; Negro, Marta (1990): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla. Editorial Evergráficas S.A. Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. 84-241-9999-5.
  • Gómez Moreno, Manuel (1946): El Panteón de las Huelgas Reales de Burgos. Instituto Diego Velázquez. CSIC.
  • González Jiménez, Manuel (2004): Alfonso X el Sabio. Barcelona, Editorial Ariel S. A. ISBN 84-344-6758-5.
  • Herrero Sanz, María Jesús (2004): Guía Santa María la Real de Huelgas. Burgos. Madrid, Reales Sitios de España. Patrimonio Nacional. ISBN 84-7120-337-5.
  • Ibáñez de Segovia Peralta y Mendoza, Gaspar (1777): Memorias históricas del Rei D. Alonso el Sabio i observaciones a su chronica.
  • Loaysa, Jofré de; García Martínez, Antonio (1982): Crónicas de los Reyes de Castilla Fernando III, Alfonso X, Sancho IV y Fernando IV (1248-1305). Murcia, Academia Alfonso X el Sabio. ISBN 84-00-05017-7.
  • Mariana, Juan de (1855): Historia General de España. Madrid, Imprenta y librería de Gaspar y Roig.
  • Morales, Alfredo J. (1979): La Capilla Real de Sevilla. Jerez de la Frontera, Diputación de Sevilla. ISBN 84-500-3316-0.