Lopo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lopo foi un xograr galego da primeira metade do século XIII, vinculado á corte dos reinos de León e Castela. Acompañou a Fernando III na conquista de Sevilla en 1248. É autor de 3 cantigas de amor e 8 cantigas de amigo, incluída unha cantiga de romería.