Alexandre IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XII ó século XIII
Papas do século XIII
Papa do século XIII ó século XIV
Antipapa/s
  • Ningún


Alexandre IV

Alexandre IV, nado coma Rinaldo Conti en Anagni (Italia) cara a 1199 e finado en Viterbo o 25 de maio de 1261, foi o 181º Papa da Igrexa católica dende 1254 ata 1261, referido coma Signum ostiense nas profecías de San Malaquías.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pola súa nai, forma parte da familia do papa Gregorio IX, séndolle sobriño, e da familia do papa Inocencio III. O seu tío Gregorio IX faino cardeal en 1227, despois cardeal-bispo de Ostia en 1231. Á morte de Inocencio IV, elixírono papa en Nápoles o 12 de decembro de 1254.

O seu pontificado é marcado polos esforzos de unificación entre as igrexas ortodoxa e católica Romana, a protección das universidades, os favores concedidos as ordes mendicantes e aos seus intentos de organizar cruzadas contra os Tártaros. Cando as autoridades académicas e relixiosas tentaron excluír a franciscanos e dominicos do ensino universitario, Alexandre IV mediou no conflito propiciando o doutoramento de Boaventura de Bagnoregio e de Tomé de Aquino que terán unha grande influencia na filosofía medieval.

En 1255 aproba a creación da Universidade de Salamanca por Afonso X, concédelle selo propio e a licenza ubique docendi.

En 1256 promulga a bula Liceo Ecclesiae Catholicae, pola que organizou os diversos grupos de ermitáns de inspiración agustiniana, nunha soa e única Orde.