Fernan Fernandez de Cogominho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fernan Fernandez Cogominho foi un trobador portugués, activo contra 1255-1274. Foi vasalo de Afonso III e alcalde de Coimbra. É autor de 11 textos: 8 cantigas de amor, centrados nos temas de ausencia da dama e coita amorosa e 3 cantigas de amigo, coa mesma temática, mais desde unha perspectiva feminina.