LibriVox é unha biblioteca dixital en liña, con libros en formato de son (Audiolibros), en Dominio público e de balde. Os lectores que gravan a súa propia lectura en voz alta, creando así o audiolibro, son sempre voluntarios, e proceden de distintas partes do mundo. En decembro de 2015 había 9290 audiolibros dispoñibles para o seu escoita e descarga.[1] O 90% da colección de gravacións está en lingua inglesa, aínda que LibriVox produce tamén audiolibros en 36 linguas.[2]