Reino de Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Reino de Murcia foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a división provincial de 1833, acometida por Javier de Burgos.

Estendíase aproximadamente polo territorio da actual Rexión de Murcia, pola parte sueste da provincia de Albacete, Villena e Sax na provincia de Alacant e por algunhas localidades da actual provincia de Jaén.