Villena
| Villena | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Alacant |
| Comarca: | Alto Vinalopó |
| Xeografía | |
| Altitude: | 505 msnm |
| Superficie: | 129,86 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 34.928 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 101,06 hab./km² |
| Xentilicio: | Villaneiro/a |
| Información | |
| Código postal: | 03400 |
| Alcalde: | Francisco Javier Esquembre Menor (LVE) |
| Sitio na web: | Ayuntamiento de Villena |
Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant, limitando con Castela A Mancha e Murcia ao oeste. Cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó, ten unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abarca unha extensión de 345,6 km². Conta con 34.928 habitantes (INE 2008).
[editar] Situación xeográfica
Villena está situada ao noroeste da provincia de Alacant, na comarca do Alto Vinalopó. Atópase nunha importante encrucillada de camiños entre o País Valenciano, Murcia e Castela A Mancha, ás que se accede en poucos minutos. O seu singular enclave xeográfico, en torno a pobos como Biar, Sax, La Font de la Figuera, Yecla (Murcia) e Caudete (Castela A Mancha) fixo que, dende a antigüidade, Villena sexa un importante nó de comunicacións coñecido como o "Corredor de Villena". O seu amplo término municipal (345,6 km²), é o segundo con maior superficie da provincia de Alacant.
[editar] O relevo
A zona pode encadrarse dentro das áreas dos corredores intermontanos ou corredores prebéticos. Pola súa situación e configuración, considérase un altiplano con trazos de transición entre a paisaxe manchego e a levantina.
Polo que respecta ao seu xénese, o relevo presente no término de Villena e comarca está relacionado con dous factores: as condicións climáticas e a tipoloxía do rochedo. A zona está sometida á acción dun sistema erosivo mediterráneo posto de manifesto no ritmo de precipitacións e nas temperaturas, que favorece a formación de glaciares, ramblas e cantís, potenciados pola escasa cobertura vexetal que existe nalgunhas zonas. O predomino de calizas, margas e arxilas maniféstase nos cumes cun microkart e espazos arxilosos.
As principais unidades montañosas constitúenas a Serra de Salines, onde se acada a máxima altura no Pico da Capela con 1.123 msnm de altitude.
[editar] O clima
Villena presenta unhas temperaturas extremas que poden oscilar entre os -3 °C e os 35 °C. Pola súa banda, a temperatura media sitúase nos 6 °C no mes de xaneiro, mentres que en xullo e agosto está en torno aos 24 °C. Termicamente Villena presenta as características propias do clima continental da meseta, que se manifesta na existencia dun verdadeiro inverno, e un verán no que se constata un aumento das temperaturas nas horas centrais do día con noites moi refrescantes.
O período de máximas choivas rexístrase durante os meses de primavera e outono con cotas moi baixas: entre 350 e 380 mm. Así, o número de días de choiva no outono en Villena é, máis ou menos, de 11, mentres que a primavera caracterízase por unhas precipitacións de ton máis débil ou moderado. As altas temperaturas e a escaseza de precipitacións, xunto coa irregularidade destas, ilustran a aridez da chaira villaneira, que vai superándose a medida que nos aproximamos cara á parte oriental do Alto Vinalopó.