Eborico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eborico ou Eurico (583-584) foi un rei suevo da Galicia. Sucedeu ao seu pai Miro trala súa morte. Forzado polo acoso militar viuse obrigado a asinar un pacto no que recoñecía a superioridade política do rei visigodo Leovixildo, provocando a sublevación de parte da aristocracia galaico-sueva encabezada polo nobre Andeca que non debeu aceptar sumisión algunha a Toledo. Por este motivo, Eborico foi apresado e encarcerado nun mosteiro. Derrocado, Andeca casou pola forza coa raíña (tal vez a viúva de Miro ou a esposa de Eborico) proclamándose novo rei de Galiza.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.
[editar] Outros artigos
|
Eborico
Descoñecida
Nacemento: ? Falecemento: ?
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Miro |
Rei de Galicia 583–584 |
Sucedido por Andeca |
|
||||||||||||||