Pero Mafaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pero Mafaldo foi un poeta medieval de orixe descoñecida, que estivo activo no terceiro cuartel do século XIII na corte de Afonso X. É autor de 9 textos: 4 cantigas de amor convencionais, 2 cantigas de amigo,1 cantiga de escarnio, contra María Balteira, 1 sátira literaria e 1 sirventés moral.