Requila
Requila (?-448) foi o segundo monarca suevo do reino de Galiza. Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás. Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo foedus con Roma e alianzas coas tribos Bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética derrotando no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes), e en 439 conquistou Mérida. Apoderouse de Sevilla en 441. Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ao xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas. Á súa morte en 448 sucedeuno o seu fillo Requiario.
|
Requila
Nacemento: ? Falecemento: 448
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Hermerico |
Rei de Galicia 438–448 |
Sucedido por Requiario |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.
[editar] Outros artigos
|
||||||||||||||