Ordizia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ordizia antigamente tamén chamada Villafranca de Oria, Villafranca de Ordicia ou Villafranca, é un municipio da provincia de Guipúscoa, País Vasco.
Gran evento [editar]
O 5 de decembro de 2007, por primeira vez, un xefe de estado visita Ordicia nos seus oito séculos de historia: A presidenta filipina Gloria Macapagal Arroyo e o presidente vasco Juan José Ibarretxe inauguraron oficialmente os actos do 500º Aniversario do nacemento do relixioso e navegante vasco Andrés de Urdaneta.
Personaxes famosos naturais de Ordicia [editar]
- Andrés de Urdaneta (1508-1568): mariño e explorador. Descubriu a ruta de navegación que permitiu a conexión marítima entre Filipinas e México.
- Martín de Mújica y Buitrón (?-1649): gobernador de Chile.
- Manuel José de Zavala (1785-1842): aristócrata e política vasco, presidente da Deputación Foral de Guipúscoa e senador.
- Francisco Javier de Irastorza Loinaz (1875-1943). Aínda que naceu circunstancialmente en San Sebastián, a súa familia era oriúnda e residía en Ordicia, onde transcorreu a súa infancia. Foi bispo de Ciudad Real e posteriormente de Orihuela.
- Miguel Irastorza Insausti (1882-1919). Franciscano. Gardián (Prior) dos franciscanos no Santo Sepulcro de Xerusalén.
- Joseba Rezola (1900-1971): militante nacionalista vasco. Foi secretario xeral do PNV e vicepresidente do Goberno vasco no exilio.
- Domingo Unanue (1901-1985): arquitecto.
- Luciano Montero (1908-1993) e Ricardo Montero (1902-1990): ciclistas.
- Nicolás de Lecuona (1913-1937): artista vangardista, pintor, debuxante e fotógrafo.
- Miguel Irastorza Martiel, Kapa (1915-1990): Xogador de fútbol da Real Sociedad de San Sebastián nos anos 1930. Emigrou a Arxentina trala guerra civil e faleceu en Buenos Aires.
- Mikel Garmendia (1945-2005): actor de cine, teatro e televisión.
- Dolores González Katarain, Yoyes (1954-1986): famosa por ser a primeira muller dirixente de ETA e por haber sido asasinada por dita banda terrorista, acusada de traizón.
- Emma García (1973-): presentadora de televisión que iniciou a súa carreira televisiva en Navarra e desenrolou gran parte do seu traballo en Telecinco, especialmente en programas de corazón e magacines.
- Asier Mendizabal (1973-): Artista contemporáneo multidisciplinar